GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UNED proponse recuperar o testemuño dos que residen fóra co Premio Memoria da Emigración Española

(14/10/2022)

A UNED proponse recuperar o testemuño dos que residen fóra co Premio Memoria da Emigración Española


A UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia), en colaboración coa Cátedra Poboación, Vinculación e Desenvolvemento do seu centro en Zamora, convoca o I ‘Premio Memoria da Emigración Española’ co obxecto de manter e recuperar o testemuño dos emigrantes que abandonaron o país, que “deben ser tidos en consideración como parte fundamental do devir futuro”, recolle a Universidade no escrito de convocatoria.


Redacción, Vigo
Crónicas da Emigración. 14/10/22 -


Cartel-I-Premio_ESPAÑA
 Cartel do Premio Memoria da Emigración Española.


O fenómeno migratorio en España “foi intenso”, principalmente “no rural” e nos “espazos menos urbanizados e industrializados”, que son os que acusan as consecuencias “máis negativas” deste proceso, entende a entidade educativa que, con esta proposta, pretende obter novos testemuños e documentos que permitan recoller, fomentar, difundir, arquivar e estudar a memoria dos que tiveron que residir fóra do seu lugar de orixe.

A UNED entende que as cifras que conforman os censos demográficos non reflicten a verdadeira realidade asociativa da ‘poboación vinculada’, que non é outra que aquela que, “residindo lonxe do seu lugar de orixe, así como os seus descendentes, manteñen unha conexión que fomenta o desenvolvemento local” e “axuda a paliar os estragos do éxodo”, polo que “deben ser tidos en consideración” no futuro.

Para levar a cabo a súa proposta, a universidade a distancia conta co apoio da Secretaría de Estado de Migracións e coa Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, así como co traballo realizado pola UNED de Zamora durante máis de dúas décadas, que, cos estudos realizados ata o momento, “permitiu conformar un importante acervo documental que, considera, “debe sosterse e ampliarse no posible”.

Para lograr o obxectivo, esperan poder recuperar e manter a memoria “individual e colectiva dos emigrantes”, así como “os seus mecanismos de relación e cooperación”, con testemuños plasmados de forma escrita, grafica ou audiovisual, de tal maneira que “promovan o seu coñecemento e conservación” e sirvan, ao mesmo tempo, “como mecanismos de avance e progreso”.

Participación

Poden participar neste I Premio de Memoria da Emigración Española persoas de calquera idade e nacionalidade, que nacesen en España ou sexan descendentes de españois, que presentes traballos orixinais e inéditos que dean testemuño de recordos e vivencias da emigración, tanto transoceánica como continental ou interior.

Os interesados en sumarse á iniciativa deberán presentar os orixinais acompañados do consecuente formulario de participación e remitilos por correo postal ao Centro UNED de Zamora-Cátedra Poboación, Vinculación e Desenvolvemento ou ben mediante electrónico á dirección info.catedra@zamora.uned.es.

O prazo de admisión de orixinais conclúe o 15 de novembro de 2022 e o fallo emitirase con motivo dos actos do 50º aniversario da UNED.

O primeiro premio estará dotado con 1.500 euros e haberá un accésit de 500 euros por cada unha das modalidades en concurso que inclúen ‘relatos autobiográficos’, ‘cartas ou epistolarios’, ‘álbums e coleccións de fotografías’ e ‘materiais audiovisuais’.

Tamén haberá un premio especial para aqueles que plasmen en relatos ou documentais a historia das asociacións e centros de emigrantes españois de España ou do exterior, dentro do apartado ‘Memoria institucional da emigración española’. Os traballos neste caso deberán ter unha extensión mínima de 25 páxinas, no caso dos relatos, e unha duración mínima de 15 minutos, cando se trata de documentais.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas