GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O centro español de Liechtenstein cumpriu 40 anos de actividade

(17/10/2022)

O centro español de Liechtenstein cumpriu 40 anos de actividade

alejandra praza FRANKFURT

 

alejandra praza

 

Máis de 500 persoas, na súa maioría da Costa da Morte, participaron na gran celebración

 

16 oct 2022 .

 

O centro español Apóstolo Santiago de Liechtenstein reuniu o sábado na sala multiusos Spoerry Ache de Vaduz a máis de 500 persoas (procedentes tamén de Suíza, Austria e Alemaña) na súa cea anual, que esta vez celebraba ademais o seu 40 aniversario.

 

O cónsul xeral de España en Zúric e Liechtenstein, Juan Carlos Gafo Acevedo, foi unha das autoridades que acudiron a este acontecemento para apoiar, agradecer e valorar o gran labor que a colonia española está a realizar no Principado. «Hoxe é un gran motivo de celebración. Non é doado, cos tempos que corren, celebrar 40 anos de actividade continuada. É importante que a bandeira galega vaia acompañada da española. Quero agradecer a Manuel Figueroa todo o traballo desempeñado durante estes anos por e para a colonia. Desde o consulado quero transmitirvos un cariñoso abrazo e augurámosvos outros 40 anos de existencia e de éxitos. Desde a nosa parte atoparemos xeitos de prever un futuro e asentamento adecuado para o voso centro», dixo.

 

A alcaldesa da cidade anfitrioa, Antje Moser, tamén tivo unhas palabras de agradecemento para un presidente orgulloso da entidade. O vicecónsul honorario de España en Liechtenstein, Markus Kolzoff, rendeu o seu apoio e admiración aos membros do centro Apóstolo Santiago.

 

Pola súa banda, a Xunta colaborou coa participación do popular grupo A Roda e o secretario xeral de emigración, Antonio Rodríguez Miranda, non quixo perderse tan importante día de celebración e facerlle entrega dunha placa conmemorativa como recoñecemento a 40 anos de traballo a Figueroa.

 

«Agradezo con moito cariño a Liechtenstein por habernos acollido 40 anos despois, que é o que acredita este centro que hoxe ten esta celebración. É de agradecer que nos acompañe o cónsul xeral de España que, connosco, representantes das Comunidades Autónomas, poidamos REVISAR conformar un traballo conxunto de todas as institucións; a do país, as de España e as de Galicia por e para vós que sodes os importantes. Estamos pendentes de todos os galegos. Son consciente da encrucillada que estades a vivir coa situación da vosa sede e, aínda que sei que o goberno de España está a axudarvos, hoxe estou aquí para reiterarme e para dicirvos que Galicia está convosco para atopar unha solución. Toda esta gran familia de galegos e españois non se vai a quedar sen casa», sinalou Rodríguez Miranda.

 

ALEJANDRA PRAZA

 

 

Os asistentes puideron bailar ata altas horas da madrugada cos ritmos máis discotequeros grazas á disco móbil chegada de Cee, Mega CDC, sen perder os máis típicos dunha verbena de verán de mans do grupo Combo Dominicano, unha das orquestras máis importantes do panorama musical actual que arrastra masas de xente a cada unha das súas actuacións.

 

ALEJANDRA PRAZA

 

 

O presidente

 

Este e outros actos son posibles grazas xente como Manuel Figueroa Rodríguez, o presidente, de 58 anos e nado na parroquia muxiana de San Martiño de Ozón, emigrou a Liechtenstein con 18 anos. Un irmán e un cuñado facilitáronlle a entrada a unha nova vida marcada pola emigración. Xa pasaron 40 anos desde a súa chegada ao Principado onde casou con Lola, de Cerceda e coa que ten tres fillos, Tania, Fabián e Sheila. Aínda que segue laboralmente activo, a súa maior ilusión é poder volver a Galicia coa súa muller ou, na súa falta, pasar tempadas na terra e regresar outras a Liechtenstein para non perder a calor familiar e o vínculo cos seus fillos e netos cando os haxa. Acórdase da súa terra, do mar, do peixe, das verbenas, da gastronomía e, principalmente, da familia e das súas raíces que son as que realmente quedaron nese rinconcito da Costa da Morte chamado Ozón.

 

«A emigración cambiou moito. Hoxe chegan os novos emigrantes cos seus grandes teléfonos e Internet, con coches con GPS... Aínda que, seguramente, cústelles tanto adaptarse como nos custou a nós no seu día. Antes tiñamos unhas 48 horas de viaxe en coche á Coruña e, hoxe en día, chegan en 20. Non dispuñamos das novas tecnoloxías para guiarnos e perdiámonos en tantas ocasións. Os coches non dispuñan de calefacción nin aire acondicionado pero eramos igualmente felices» lembraba con cariño Manuel.

 

A entidade que preside pasa por un momento de incerteza, pois o local que foi a sede será derrubado este ano. «Teño ganas de retirarme e pasar a testemuña a outra persoa, pero agora o meu maior reto é atopar unhas instalacións adecuadas onde poder reunirnos e colocar as nosas bandeiras», comentou o preocupado presidente. «Quero agradecer á miña familia, aos membros do centro, ás autoridades españolas, autonómicas e deste Principado o seu apoio incondicional durante todos estes anos» engadiu un presidente emocionado e apoiado por todos os

 

ALEJANDRA PRAZA

 

 

presentes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas