GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A maioría das 280 familias de Oleiros que están en risco de exclusión son inmigrantes

(21/10/2022)

A maioría das 280 familias de Oleiros que están en risco de exclusión son inmigrantes

O Concello contrata por 240.000 euros a adquisición de alimentos e produtos básicos





Os beneficiarios poden adquirir alimentos nos supermercados

El Ideal Gallego

Fran Moar 20 de outubro de 2022,

Aínda que poida sorprender, un dos municipios que presume de ter unha da maiores renda per capita a nivel nacional tamén conta, entre os seus veciños, con familias que se atopan en situación de risco de exclusión social.

O propio alcalde, Ángel García Seoane, ofreceu as cifras na súa habitual intervención dos xoves na emisora de radio local. Son 180 e a gran maioría inmigrantes.

Por este motivo, o Concello acaba de sacar a contratación por 240.000 euros a adquisición de alimentos e produtos básicos de primeira necesidade para axudar a estas familias que se espera que se atopen ante situacións adversas en 2023.

“En Oleiros hai neste momento 280 familias en situación de vulnerabilidade que recibirán esta axuda. Mediante a entrega dunha tarxeta, que irá recargando en función do número de membros da familia, as persoas beneficiarias poden acudir ao supermercado a adquirir alimentos e artigos de hixiene persoal en condicións de confidencialidade”, dixo o rexedor.

Fontes municipais sinalan que o Goberno local reforzou economicamente este contrato “ante a súbita cancelación, en xuño, do programa autonómico de tarxetas moedeiro da Xunta”.

Súbita cancelación

Unha cancelación que, engaden as mesmas fontes, deixou a bastantes familias sen a axuda alimentaria que concedía o Goberno autonómico “mesmo algúns días antes da súa perda de vixencia burocrática”.

O alcalde tamén quixo lembrar que, ademais destas axudas, está a apoiarse economicamente ás familias custeando o comedor escolar, abonando os alugueiros e as facturas da luz, e mesmo os gastos médicos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas