GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chegan a Galicia os case 200 galegos e galegas do exterior que realizarán o Camiño de Santiago dentro do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración

(24/10/2022)

Chegan a Galicia os case 200 galegos e galegas do exterior que realizarán o Camiño de Santiago dentro do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración

Esta iniciativa, na que volven participar galegas e galegos procedentes de países americanos trala pandemia, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

 

As e os participantes realizarán os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas.

 

Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes da Arxentina

Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes da Arxentina

 

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2022.

 

As e os case 200 participantes do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, chegaron hoxe ata os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo, iniciando mañá domingo a súa peregrinación ata chegar o próximo domingo ata a praza do Obradoiro.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas como nos países europeos. Este ano vólvese a abrir a convocatoria tamén aos galegos e galegas residentes nos países americanos. 

 

A metade das e dos participantes realizará durante esta semana  o Camiño Portugués dende O Porriño e, o resto, a Vía da Prata dende Ourense. 

 

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

 

Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse o ano pasado e o actual centrados no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas