GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

130 aniversario do centro galego máis antigo do mundo

(22/09/2009)

130 aniversario do centro galego máis antigo do mundo
Máis dun século de fusión charrúa

O Centro Galego de Montevideo, unha xoia arquitectónica situada en San José, foi fundado en agosto de 1923 .

O comercio, a hostalería e a industria non se lles deu mal aos galegos en Uruguai. Integráronse á perfección: beberon mate, afixéronse aos asados con coiro e gozaron da Praza da Independencia e do Estadio Centenario como un charrúa máis. Pero os costumes deste lado do Atlántico non chegaron nunca a esfumarse. O Centro Galego foi testemuña, ao longo de máis de cen anos, de queimadas, sardiñadas, muiñeiras do Balet Alborada ou romarías no campo. Asado criollo, con sardiñas. Viño Tannat, ademais de Ribeiro e Albariño. Esta é a herdanza para os netos.

SELINA OTERO - VIGO Na década dos cincuenta era impensable entrar na casa 870 de San José, en Montevideo, sen gravata. Así o esixía o protocolo, ao máis puro estilo dandy de club inglés, como é propio dunha auténtica institución no país dos amerindios. A historia da emigración galega en Uruguai está escrita entre as paredes do Centro Galego da capital, unha xoia arquitectónica e un dos palacios máis fermosos do país fundado en 1923.
O palacete, berce das vivencias e os xestos nostálxicos dos galaico-charrúas, cumpriu en agosto 130 anos: máis dun século de actividade na súa sala Vale Inclán, a sala de honra Rosalía de Castro, a Biblioteca Concepción Areal, a sala de lectura Castelao e, máis recentemente, nun amplo polideportivo de 28.000 metros cadrados situado en Carrasco. O aniversario do centro galego máis antigo do mundo foi celebrado ao grande no país dos asados, os chivitos e o clericó (bebida típica con viño e zume). O actual presidente do Centro Galego, Xullo Ríos, recibiu fai unhas semanas á comitiva galega (encabezada polo secretario xeral de Emigración, Santiago Camba), para festexar, entre sardiñadas, gaitas e bailes, máis de 100 anos de presenza galega na nación. Por esta casa testemuña da evolución da emigración galega tras varias xeracións, situada no país de Mario Benedetti e Eduardo Galeano, pasaron personalidades da talla de Gregorio Marañón, Rafael Alberti, Castelao, Otero Pedrayo, Branco Amor ou Don Juan Zorrilla.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas