GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra ten acollidos a 653 ucraínos fuxidos da guerra

(24/10/2022)

Pontevedra ten acollidos a 653 ucraínos fuxidos da guerra

 

Cada día chegan unha media de oito refuxiados a Galicia desde o estalido do conflito. En toda a comunidade hai 1.816 ucraínos empadroados no que vai de ano


Imagen de la llegada de algunas familias ucranianas a Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

photo_camera Imaxe da chegada dalgunhas familias ucraínas a Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A.G.


Ata o pasado 24 de febreiro, día en que as tropas de Putin asaltaron as fronteras de Ucrania  e comezaron unha invasión que dura xa oito meses, a Galicia chegaran doce cidadáns ucraínos, dos cales sete se empadroaron na Coruña, dous en Lugo e tres na provincia de Pontevedra. Unha vez desatado o conflito armado, Galicia veu recibindo unha media de oito refuxiados ucraínos cada 24 horas. Así, ata sumar 1.804 empadroamentos de persoas con pasaporte de Ucraína nos 218 días de guerra que van desde finais de febreiro ata o pasado 30 de setembro. A provincia de Pontevedra acubilla ao 35,9% dos refuxiados ucraínos, e na Coruña asentáronse o 51,8% dos homes e mulleres que conseguiron escapar das bombas e o asedio ruso.

A chegada de ucraínos é un goteo constante no padrón das cidades galegas desde o pasado mes de marzo. Ata maio produciuse a maior intensidade de chegada de refuxiados a España, pero durante todo o ano mantéñense niveis de entrada de cidadáns procedentes de Ucraína que xamais se rexistraron. Dos 653 ucraínos que o Instituto Nacional de Estatística ten contabilizados na provincia de Pontevedra este ano, 650 inscribíronse entre marzo e setembro. O ritmo foi maior no primeiros tres meses da guerra: 183 persoas en marzo, 176 en abril e 107 en maio. Co verán chegou un baixón na cadencia de entrada dos refuxiados, de maneira que en xuño foron 57, unicamente 33 en xullo e 30 en agosto. Setembro, con todo, tras o agravamento do conflito armado, duplicou de novo a estatística e rexistrou o empadroamento de 64 ucraínos na provincia pontevedresa. Foi, ademais, o único mes no que a chegada das familias que foxen da guerra foi máis avultada en Pontevedra que na provincia da Coruña, onde ao longo deste ano o INE contabilizou o asentamento de 942 persoas.

A integración social non foi doada, a pesar da "excelente" acollida que tiveron estas familias en toda Galicia, de acordo coas organizacións públicas e non gobernamentais que colaboran nos traslados e na tramitación de toda a documentación necesaria para as viaxes. O descoñecemento do idioma na maioría dos casos, e a complexa situación familiar da inmensa maioría dos refuxiados, con parte dos membros de cada unidade atrapados no seu país, ben porque seguen combatendo nalgún das frontes da guerra ou ben por complicacións loxísticas e mesmo de saúde, convertéronse nos grandes obstáculos á hora de mellorar a integración desta poboación flotante. A maioría das veces, ademais, os ucraínos e ucraínas asentados en Galicia teñen nas súas mentes regresar axiña ao seu país canto antes.

Os menores de idade son os que antes se integraron na sociedade galega. Todos puideron acudir a centros escolares, onde tiveron a oportunidade tanto de aprender o idioma como de relacionarse con outros compañeiros das súas mesmas idades. Pais e nais, en cambio, teñen maiores dificultades. Cos últimos datos do Instituto Nacional de Estatística na man, unicamente 178 dos 650 refuxiados empadroados en Pontevedra estaban afiliados á seguridade social a finais de setembro. A tempada de verán foi a máis prolífica á hora de localizar algún emprego para esta poboación. En xullo chegou a haber 198 afiliados entre a comunidade ucraína asentada na provincia e en agosto foron 189.

O propio Ine anotou a finais de setembro na provincia de Pontevedra un total de 92 persoas ucraínas en paro. E outras 225 escolarizadas, estas últimas menores de idade en todos os casos.

A outra provincia galega con máis refuxiados é A Coruña, que entre os meses de xaneiro e setembro deste ano empadroou a 942 cidadáns e cidadás procedentes de Ucraína. De novo aquí os meses con maior afluencia foron marzo (184 chegadas), abril (311) e maio (197). Curiosamente, A Coruña rexistrou todos os meses unha maior chegada de ucraínos que Pontevedra, coa única excepción do último contabilizado, setembro. Nese período á provincia pontevedresa arribaron 64 persoas procedentes de Ucraína, fronte ás 47 que optaron por refuxiarse nalgún dos municipios da Coruña.

No resto de Galicia, Ourense é a provincia con menos refuxiados ucraínos xa que, segundo os datos feitos públicos onte polo Instituto Nacional de Estatística, ao 30 de setembro estaban contabilizados 55 durante todo este ano, apenas un 3% do total rexistrado na comunidade autónoma. En Lugo hai no mesmo período 166, o que significa un 9,1% do total galego.

Alacante, Valencia, Madrid, Barcelona e Málaga son as provincias de España cun maior número de refuxiados ucraínos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas