GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xornada multicultural para dar visibilidade e protagonismo á migración da Guarda

(25/10/2022)

Xornada multicultural para dar visibilidade e protagonismo á migración da Guarda


Redacción
Telemariñas
23/10/2022



Asociación Raiceiras - Acción Rural


A Asociación Raiceiras – Acción Rural, co apoio do Concello da Guarda, realiza unha xornada multicultural con diversas actividades: showcooking e petiscos, unha conferencia, a proxección dun minidocumental realizado pola propia asociación e un taller para os pequenos da casa.

A xornada, destinada a toda a poboación da contorna, ten como obxectivo visibilizar e poñer en valor os saberes e experiencias das persoas migrantes en Galicia, de forma máis concreta, no Baixo Miño.

Realizarase a conferencia “Antirracismo para principiantes” a cargo do migrante indíxena Inalef Reyulma, onde falará de boas prácticas, veciñanza e acollida á poboación migrante; de sucesivo haberá o Showcooking “Sabores do mundo”, onde integrantes da comunidade migrante da Guarda e municipios da contorna realizarán en vivo receitas propias dos seus lugares de orixe cunha posterior degustación para as persoas asistentes.

Pola tarde proxectarase o minidocumental “Migración Galicia”, no que persoas de diferentes orixes contarán a súa experiencia no noso país e outros aspectos da súa vivencia como migrantes. Por último, contarase cun taller para nenos, cun pequeno contacontos e un mural sobre as culturas que quedará exposto na sede da asociación.

A participación é gratuíta e será o domingo 30 de outubro a partir das 12 da mañá na sede da Asociación Raiceiras, na Antiga Escola Unitaria de San Lorenzo, Avda de S. Lorenzo s/n, A Guarda.

Para calquera información pódese chamar ou enviar un WhatsApp ao teléfono 644 696 925, enviar un correo a info@raiceiras.org ou contactar coa entidade a través das súas redes sociais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas