GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inclusión participa na plataforma solidaria ‘Teito’, un proxecto piloto de procura de vivenda para refuxiados

(26/10/2022)

Inclusión participa na plataforma solidaria ‘Teito’, un proxecto piloto de procura de vivenda para refuxiados


CREADE


O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

25/10/2022


-O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións colabora coa Fundación do Banco Santander e Accenture


-Funcionará como unha bolsa de vivendas que estará xestionada por entidades sociais e ONG


O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións participou xunto á Fundación do Banco Santander e Accenture no desenvolvemento da plataforma solidaria ‘Teito’, un proxecto piloto que poñerá ao dispor das persoas beneficiarias da Protección Internacional (PI) e Temporal (PT) unha nova ferramenta de procura de vivenda. ‘Teito’ funcionará como unha bolsa de pisos dispoñibles en réxime de cesión ou alugueiro e será xestionada por entidades sociais e ONG.

‘Teito’ nace coa idea de dar servizo a calquera persoa beneficiaria de Protección Temporal e Internacional, sexa cal for a súa orixe, que estea xa en fase de autonomía, isto é, cando a persoa refuxiada sae do recurso de acollida e continúa o itinerario individualizado; nesta fase asígnanse axudas económicas destinadas a cubrir as necesidades básicas. Os beneficiarios da PI e PT contactarán coa entidade que lles acompaña na integración na sociedade e será esta quen lles informe das vivendas dispoñibles, as súas características e localización.

Calquera persoa, organización ou empresa pode colaborar con ‘Teito’ se ten algunha vivenda dispoñible para este fin.

Máis información: https://teito-missm.seg-social.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas