(28/10/2022)
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022.
As e os participantes do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, continúan a levar a cabo as diferentes etapas do Camiño Portugués e da Vía da Prata, aproveitando a xornada para coñecer a Ribeira Sacra.
Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas, como nos países europeos. Este ano, como novidade, o programa volveu abrir a convocatoria tamén aos galegos e galegas residentes nos países americanos.
Agárdase que o sábado pola mañá rematen a última etapa, chegando así á Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela.
O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas