GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Comeza o programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración coa chegada a Galicia dos case 140 galegas e galegos do exterior que coñecerán o Camiño de Santiago

(08/11/2022)

Comeza o programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración coa chegada a Galicia dos case 140 galegas e galegos do exterior que coñecerán o Camiño de Santiago

Esta iniciativa, na que participan galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados a entidades do exterior, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

 

As e os participantes realizarán pequenos tramos dos últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas, dada a elevada idade dalgunha e dalgún dos participantes.

 

Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes da Arxentina

Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes da Arxentina

 

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022.

 

As e os case 140 participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, chegaron hoxe ata os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo, iniciando mañá martes a súa peregrinación ata chegar o próximo domingo ata a praza do Obradoiro.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre máis de 65 anos vinculadas ás entidades galegas do exterior. 

 

A metade das e dos participantes realizará durante esta semana pequenas etapas do Camiño Portugués dende O Porriño e, o resto, a Vía da Prata dende Ourense, dada a avanzada idade dalgunha e dalgún dos participantes. Tamén desenvolverán actividades nas dúas residencias de tempo libre da Xunta onde se atopan aloxados, en Panxón e no Carballiño.

 

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

 

Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse xa o ano pasado  centrado no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas