GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos e galegas do exterior participantes no programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración rematan a súa experiencia ante a Catedral de Santiago de Compostela

(14/11/2022)

Os galegos e galegas do exterior participantes no programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración rematan a súa experiencia ante a Catedral de Santiago de Compostela

 

Esta iniciativa, que comezou o pasado luns e que conta con case 140 persoas de máis de 65 anos vinculadas a centros galegos do exterior ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. 

 

Imaxe da chegada a Santiago das e dos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da Secretaría Xeral da Emigración

Imaxe da chegada a Santiago das e dos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da Secretaría Xeral da Emigración

 

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2022.

 

As e os case 140 participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, chegaron hoxe ata Santiago de Compostela onde completaron os últimos metros dos camiños que realizaron durante esta semana ata chegar a praza do Obradoiro.

 

As e os participantes, galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados a centros do exterior, estiveron acompañados neste último tramo pola subdirectora de Coordinación Administrativa da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago e, deste xeito, a metade das e dos participantes realizaron, en pequenas etapas, o Camiño Portugués dende O Porriño e, o resto, a Vía da Prata dende Ourense. Tamén desenvolveron actividades nas dúas residencias de tempo libre da Xunta onde se aloxaron durante esta semana, en Panxón e no Carballiño.

 

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

 

Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse xa o ano pasado centrado no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos. 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas