GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social perde case 20.000 cotizantes estranxeiros

(22/09/2009)

A Seguridade Social perde case 20.000 cotizantes estranxeiros

Madrid e Cataluña son as comunidades con maior concentración de afiliados estranxeiros

VOTE ESTA NOTICIA


AXENCIAS. A Seguridade Social rompe a súa serie á alza e perde 19.549 cotizantes estranxeiros, segundo os últimos datos do Ministerio de Traballo e Inmigración. Así, a afiliación media de traballadores estranxeiros situouse en agosto en 1.915.328 ocupados.

Do conxunto de inmigrantes que estaban afiliados ao sistema ao finalizar o mes pasado, 671.846 traballadores procedían de países comunitarios, mentres que 1.243.483 eran traballadores non pertencentes á UE.

Dentro dos países non comunitarios, 230.420 eran de nacionalidade marroquí e 202.205, ecuatoriana. Colombia, con 129.325 traballadores, situouse como terceiro país de procedencia de afiliados, por diante de Perú, que contou con 78.882 cotizantes.

O resto de afiliados non comunitarios repartíronse entre China (74.135), Bolivia (70.227), Arxentina (52.423), República Dominicana (34.807), Ucraína (33.228), e Brasil (25.669), entre outros.

Pola súa banda, dos que proceden da UE, romaneses, italianos e portugueses son os máis numerosos, con 265.144, 67.366 e 60.472 cotizantes, respectivamente. Seguíronlles británicos e búlgaros, con 53.294 e 52.383, e algo máis lonxe, os alemáns, con 43.195 afiliados.

A maior parte dos estranxeiros que estaban afiliados á Seguridade Social ao finalizar agosto encadrábanse no Réxime Xeral, con 1.312.830 cotizantes, seguidos do Réxime Agrario (218.916), o Réxime Especial de Autónomos (203.188), o do Fogar (174.046), o do Mar (5.641) e o do Carbón (707).

Dentro do Réxime Xeral, un total de 302.471 estranxeiros, o 23,04%, traballaba na hostalería, mentres que o 15,87% facíao na construción (208.323 afiliados). Tras a hostalería e a construción, o sector que máis estranxeiros concentra é o comercio, co 15,81% (207.555 afiliados).

Maior efecto en Madrid e Cataluña

Por comunidades autónomas, Cataluña e Madrid concentraron catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social en agosto, ao sumar entre ambas o 44,09% do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 437.092 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 407.341.

Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 210.426 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 201.292 ocupados; Murcia, con 88.656; Baleares, con 90.660; Canarias, con 82.319; Castela-A Mancha, con 77.124; Aragón, con 68.939; Castela e León, con 63.613, e País Vasco, con 51.263.

As comunidades con menor presenza de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar agosto foron Galicia, con 41.539 estranxeiros; Navarra, con 27.452; A Rioxa, con 16.252; Asturias, con 16.478; Estremadura, con 14.481; Cantabria, con 14.233, e as cidades autónomas de Melilla, con 3.734, e Ceuta, con 2.436.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas