GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As delegacións da Xunta da Arxentina e Uruguai e Xabier Díaz colaboran na formación musical dos galegos e galegas residentes en ambos países

(22/11/2022)

As delegacións da Xunta da Arxentina e Uruguai e Xabier Díaz colaboran na formación musical dos galegos e galegas residentes en ambos países

O músico coruñés levou a cabo diversas masterclass así como un concerto en Rosario invitado polo Centro Gallego na Feira Nacional de Colectividades desta cidade.

 

Imaxe no Centro Gallego de Montevideo

Imaxe no Centro Gallego de Montevideo

 

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración e o músico galego Xabier Díaz colaboraron nas últimas semanas na formación musical dos galegos e galegas residentes en Arxentina e Uruguai con diversas masterclass que se desenvolveron tanto nas capitais de ambos países como na cidade de Rosario. 

 

O artista coruñés, gaiteiro e percusionista, tamén levou a cabo un concerto en Rosario invitado polo Centro Gallego na Feira Nacional de Colectividades desta cidade.

 

Durante estes días, desenvolveu varias xornadas formativas ás que asistiron galegos e galegas das diferentes entidades galegas na Arxentina e Uruguai e que se levaron a cabo no Centro Gallego de Montevideo, no de Rosario, na Asociación Galega de Residentes de Mos de Bos Aires e no Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol da capital arxentina.

 

Xabier Díaz, con máis de tres décadas de experiencia ás súas costas, leva realizado colaboracións en discos e concertos con artistas coma Kepa Junquera, Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego ou Os Cempés, levando a música galega a países coma México, Cimbabue, Suíza, Bélxica, Irlanda, Noruega ou Italia. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas