GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os investigadores dos centros públicos galegos contarán cun estatuto que facilitará o retorno do talento investigador grazas a unha maior estabilidade e calidade laboral

(10/12/2022)

As e os investigadores dos centros públicos galegos contarán cun estatuto que facilitará o retorno do talento investigador grazas a unha maior estabilidade e calidade laboral

A Xunta iniciou os trámites para aprobar un decreto que fixará un marco laboral que oriente a contratación do futuro. 

 

Nestes intres atópase aberto o prazo da consulta pública previa para recibir achegas do colectivo coa previsión de que estea aprobado no “primeiro semestre” do ano que vén. 

 

Óptase polo réxime laboral por ser o que mellor se adapta aos perfís e necesidades dos centros a través dun sistema que busca a excelencia.

 

Este estatuto facilitará o retorno do talento investigador

Este estatuto facilitará o retorno do talento investigador

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022.

 

O persoal investigador dos centros públicos de Galicia contará cun estatuto que permitirá fixar un marco laboral, que oriente a contratación do futuro, daralles estabilidade e mellorará a súa calidade laboral. Tamén facilitará o retorno do talento investigador.

 

O Goberno galego iniciou xa os trámites para estabilizar a carreira investigadora na Administración galega a través dun decreto que fixará o Estatuto deste persoal e ten como obxectivo estar aprobado no primeiro semestre do ano que vén.

 

O propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou sobre esta iniciativa da Xunta que “a investigación en I+D+i é moi importante, pero lévana a cabo persoas que precisan estabilidade e certezas na súa vida laboral”, engadindo que o marco laboral que fixe este estatuto non só vai resultar atractivo para atraer a investigadores e investigadoras doutros países e comunidades, senón para que volva a Galicia ese “talento investigador” que está traballando fóra.

 

Este estatuto permitirá reforzar a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías que se están a realizar nos centros do sector público galego para consolidar as capacidades en eidos estratéxicos como a biotecnoloxía, a saúde, as ciencias mariñas ou o agrogandeiro.

 

Óptase polo réxime laboral con acceso por concurso de méritos xa que é o sistema que favorece a flexibilidade e mobilidade que require o traballo nestas entidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas