GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ciclo Mestre Mateo pechou as súas portas nos centros galegos coa proxección do filme “Jacinto”

(13/12/2022)

O Ciclo Mestre Mateo pechou as súas portas nos centros galegos coa proxección do filme “Jacinto”

 

Imaxe da proxección en Berlín

Imaxe da proxección en Berlín

 

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022.

 

O Ciclo Mestre Mateo chegou este mes ao seu fin, tras oito meses de periplo polas entidades galegas do exterior, coa proxección do filme Jacinto. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, tivo ao longo deste ano como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia.  

 

A Secretaría Xeral da Emigración agradeceu a colaboración dos centros galegos neste labor de achegar o noso cine tanto aos socios e socias das entidades como á poboación en xeral que se achegou a coñecer estas películas e documentais. Neste 2022, as entidades colaboradoras foron o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega De Berlín Son, o Centro Gallego de Montevideo, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla, o Centro Galego de Tarragona, o Centro Galicia de Bos Aires e a Hermandad Gallega de Venezuela.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas