GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Doo viaxará a Caracas mañá polo 50 aniversario da sociedade de emigrantes

(24/09/2009)

Doo viaxará a Caracas mañá polo 50 aniversario da sociedade de emigrantes

Autor:
La Voz
Data de publicación:
23/9/2009

O rexedor municipal estradense, José A. Doo, partirá mañá, xoves, en avión cara a Caracas, a capital de Venezuela, invitado pola Sociedade Benéfica de Fillos da Estrada na capital venezolana.

Acompañará ao alcalde o funcionario que leva os asuntos de emigración, Valentín García, amplo coñecedor do mundo da diáspora. En principio, estarán en Caracas ata o martes.

Invitación e aniversario

Este desprazamento orixínase nunha insistente invitación da directiva do colectivo de emigrantes na capital venezolana, asociación que cumpre os seus cincuenta anos de existencia.

O propio Doo sinalaba onte que non tiña previsto esta viaxe, pero tivo que encartarse ante a insistencia en invitarlle dos directivos, quen reiteraban a importancia do aniversario e sinalaban que aproveitarán para celebrar a súa tradicional festa e reunión anual, que chaman alí a festa do salmón de todos os emigrantes estradenses en Venezuela, onde contan co colectivo de Caracas e con outro na cidade de Maracaibo.

Cincocentos socios

A Sociedade Benéfica Fillos da Estrada en Caracas, presidida actualmente por Manuel Ferro, conta con case cincocentos socios. Como fixeron todos os colectivos de emigrantes galegos, a sociedade estradense desfíxose fai anos das súas instalacións, oficinas ou sede para agruparse todas ao redor da Irmandade Galega en Caracas, que adquiriu unha ampla superficie onde conta con varios edificios e instalacións nas que non faltan colexios, hospitais, canchas deportivas, auditorios e espazos recreativos.

Sentido benéfico

A sociedade estradense significouse sempre polo seu sentido benéfico e de apoio aos emigrantes aos que peor lles vai. O concello estradense adoita conceder cada ano unha axuda de 2.000 euros.

A gran festa do salmón e do cincuenta aniversario celebrarase o vindeiro domingo. Serán invitados tamén os asociados do colectivo de emigrantes estradenses en Maracaibo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas