GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Protección Civil entrega aos refuxiados ucraínos de Santiago a recadación de «Un Nadal pola paz»

(21/12/2022)

Protección Civil entrega aos refuxiados ucraínos de Santiago a recadación de «Un Nadal pola paz»

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

 

 

A iniciativa partiu de Antonio Villaverde, un voluntario que esta primavera xa levou co seu propio coche axuda humanitaria á fronteira con Polonia

 

21 dic 2022 .

 

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Santiago  fixo entrega o luns do material recolleito na campaña Un Nadal pola paz. A iniciativa conseguiu catro árbores do Nadal e adornos decorativos para que as familias refuxiadas ucraínas da cidade poidan celebrar unha das súas festas tradicionais, SanNicolás , como o facían nos seus fogares antes de verse obrigados a abandonalos. A iniciativa foi proposta por Antonio Villaverde, un voluntario que esta primavera xa levou no seu propio coche axuda humanitaria ata a fronteira entre Ucraína e Polonia. Conta que desde entón «estou bastante volcado» coa situación dos refuxiados ucraínos e interésase sempre que pode polas necesidades que se lles presentan.

 

 

Advirte Antonio que sempre quedan necesidades por cubrir e, por exemplo, neste momento viríanlles ben tendales para a roupa e deshumidificadores para que esta seque con maior facilidade e evitar ambientes pouco sans para persoas con asma ou outras afeccións que ven condicionadas pola humidade ambiental. E tamén son benvidos os zapateiros para o calzado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas