GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Corporación de Santiago apoiará mañá a ILP para a regularización de migrantes

(21/12/2022)

A Corporación de Santiago apoiará mañá a ILP para a regularización de migrantes

 

Os grupos aprobarán a moción no Pleno deste mércores


Marta Casais
Quincemil. /12/2022


Pleno del 30 de noviembre de 2022 en Santiago de Compostela

Pleno do 30 de novembro de 2022 en Santiago de Compostela. Concello de Santiago


O Pleno da Corporación de Santiago de Compostela, cos votos do grupo socialista , Compostela Aberta e BNG, aprobará unha moción para apoiar a Iniciativa lexislativa Popular Esenciais, que busca a regularización extraordinaria dos migrantes en España.

A moción conxunta presentada polas tres formacións tamén recoñece "o compromiso do Concello de Santiago cos dereitos e liberdades da súa veciñanza e coa loita por unha cidade e unha sociedade máis xusta, equitativa, inclusiva e democrática".

Nun comunicado, María Rozas, portavoz de Compostela Aberta, explicou que o grupo "considera imprescindible levar a cabo unha regularización extraordinaria de persoas migrantes que na actualidade están condenadas á explotación laboral, á desprotección xurídica, é exclusión e á invisibilidade". Rozas explicou que máis de 800 organizacións promoveron a ILP e que en Galicia fora o Foro Galego da Inmigración o maior impulsor, xa que recolleron unhas 15.000 firmas.

Segundo as últimas estimacións, en España residen de forma irregular entre 290.000 e 470.000 persoas, un terzo das cales son menores de idade. As organizacións argumentan que o acceso á residencia, regulado pola Lei de Inmigración do ano 2000, é insuficiente e limitado, e que non se axusta á realidade actual dos migrantes no país. Denuncian que os criterios son restritivos e que a lentitude do proceso administrativo resulta nunha alta marxe de discreción á hora de outorgar e renovar autorizacións.

A dinámica xera, segundo os grupos, unha espiral de vulnerabilidade e desprotección que afecta ao conxunto da sociedade. Os representantes municipais consideran necesario regularizar aos migrantes non só pola necesidade de respectar dereitos fundamentais, senón tamén para que os migrantes poidan contribuír económica e fiscalmente á sociedade.

A regularización extraordinaria, argumentan, non é algo novo, xa que se deu en varios procesos similares na Unión Europea e en España. Na moción, os grupos sinalan que a ILP respecta o ordenamento xurídico actual e que está en liña cos acordos e iniciativas internacionais que o país ten con varias organizacións, entre elas as Nacións Unidas.

A través da moción, o goberno local, apoiado por Compostela Aberta e o BNG, mostrará o apoio á ILP Esenciais, reclamando, como se propón na mesma, unha regulación extraordinaria para os estranxeiros e trasladando o acordo ao Goberno de España, Congreso dos Deputados e Parlamento Galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas