GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cáritas denuncia a Lei de Estranxeiría porque "recorta dereitos"

(24/09/2009)

Cáritas denuncia a Lei de Estranxeiría porque "recorta dereitos"
dereitos humanos inmigrantes Lei de Estranxeiría
"Os valores humanos non poden exercitarse só cando as cousas van ben", advirten ao Goberno en referencia á súa reforma.

REDACCION HO.- A reforma da Lei de Estranxeiría que promove o Goberno é "pouco oportuna nestes momentos de crises" e supón un "recorte de dereitos das persoas inmigrantes". É a denuncia que fixo Cáritas hoxe, xunto á Comisión Española de Axuda ao Refuxiado e a Rede Acolle.

Á Lei de Estranxeiría de pasa como á educación: saímos a regulamento por goberno. Zapatero emprendeu a cuarta reforma desta lei en oito anos. CIU, CC e BNG apoiaron os seus primeiros trámites a cambio de novas renuncias de competencias do Estado a favor das rexións.

As mencionadas organizacións realizaron un estudo do proxecto do Goberno e da súa análise conclúen en primeiro lugar que o momento elixido para acometer un cambio lexislativo sobre un tema de "tanta transcendencia social non é o adecuado":

"O especial contexto socioeconómico polo que atravesa o noso país comporta o risco a que se realicen lecturas inadecuadas dunha reforma dirixidas a vincular de xeito simplista, e perigosa, crise e inmigración".


Estas entidades consideran que se realizou unha consulta insuficiente da reforma, tal e como evidenciou o Consello Económico e Social:

"Ademais, sorprende comprobar como o procedemento escollido para a súa tramitación parlamentaria sexa pola vía urxente, que limita o período para a presentación de emendas, e que se fixo coincidir co período estival."


Cáritas e o resto de organizacións critican tamén que coa reforma "ven minguados moitos dos dereito dos inmigrantes" recoñecidos por diferentes sentenzas do Tribunal Constitucional, como os de asociación, reunión, sindicación e folga aos estranxeiros en situación irregular:

"No texto determinados aspectos do dereito á educación e á vivenda circunscríbense unicamente a aqueles inmigrantes cuns determinados requisitos administrativos de residencia.


É precisamente agora, neste momento de crise, cando se impón a prioridade do esforzo por manter o recoñecemento e garantía dos dereitos dos máis vulnerables, e desde logo, non é momento para incrementar sancións que afectan a persoas vulnerables nin, nun exercicio de incomprensible dureza, castigar a quen altruísta e solidariamente acollen a familiares e amigos."

Segundo apunta a análise da norma efectuado por Cáritas, a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado e a Rede Acolle, a reforma "debería de significar unha oportunidade para construír unha política de inmigración que conte co necesario consenso social que poida dar lugar a un pacto de Estado sobre o feito migratorio e que permita sentar as bases para un novo modelo de sociedade aberta aos valores da diversidade, a solidariedade, a participación e a integración".

Os asinantes do estudo lamentan que o texto utilice termos como "capacidade de acollida" ou "vinculación ás necesidades do mercado de traballo", co que "se cosifica ao cidadán estranxeiro non comunitario e asimílallo a unha mera ferramenta de traballo":

"Os valores humanos non poden exercitarse só cando as cousas van ben, nin o recoñecemento da dignidade dos inmigrantes pode fluctuar en función das esixencias do mercado coma se fosen un ben de consumo suxeito ás leis da oferta e a demanda".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas