GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados de Alemaña poderán revisar o pago de intereses de demora

(06/02/2023)

Os retornados de Alemaña poderán revisar o pago de intereses de demora



Luis Gulín web

Luís Gulín web


A Rexión Internacional 03/02/2023


A Secretaría Provincial de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa que por unha sentenza do Tribunal Superior de Finanzas alemán téñense que recalcar o pago de intereses de demora abonados no seu momento polos retornados.

 

A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa que nas últimas datas moitos e moitas emigrantes retornadas de Alemaña están a recibir unha comunicación da Axencia Tributaria xermana (Finanzamt Neubrandenburg), na que lles comunican que, por sentenza do Tribuna Superior de Finanzas do ano 2021, tense que recalcular o pagamento de intereses de demora abonados no seu momento.

 

Segundo puido constatar a secretaría provincial de migracións do PSOE ourensán, unha vez analizadas todas as cartas, esta información “vén destacada ao final da primeira páxina, na que se explica o concepto RESTGUTHABEN, que é o novo cálculo a favor do contribuínte por pago indebido”.

 

O secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín Iglesias, fai fincapé en que esa cantidade, por exemplo de 10, 13 ou 25 euros “pódese compensar co próximo pago do chamado imposto do 5 por cento, restando esa cantidade á suma para abonar”. Neste senso, o máximo responsable de migracións do PSdeG ourensán salienta que “se o pago do IRPF do ano 2022 a Alemaña sae a 100 euros e o contribuínte ten 20 euros ó seu favor, a Facenda alemá só lle esixira 80 €”.

 

Para proceder a esa compensación no pago, os emigrantes retornados, se dominan o idioma alemán ou teñen algunha persoa de confianza que o faga, “deben poñerse en contacto co teléfono indicado na parte superior da carta enviada”, afirma Gulín. O secretario provincial de migracións tamén apunta a que “cunha simple chamada, indicando o número fiscal xermano (STEUERNUMMER), solicítase a compensación correspondente”.

 

Por parte da secretaría provincial de migracións do PSOE ofrécese aos interesados a axuda idiomática correspondente poñéndose en contacto co teléfono 988 37 03 86

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas