GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Clases de surf en Valdoviño para refuxiados ucraínos na provincia

(13/02/2023)

Clases de surf en Valdoviño para refuxiados ucraínos na provincia

 

A voz FERROL

 

ONDAS NOVAS

Na a escola Ondas Novas

13 feb 2023 .

O surf como unha fórmula de integración e lecer é a proposta que está a facer a escola valdoviñesa Ondas Novas ás persoas que se atopan na provincia como refuxiadas pola guerra de Ucraína. «Na zona de Cariño, Ferrol, A Coruña... hai bastantes familias de acollida e pareceume unha boa forma de darlles a benvida a Galicia. Que mellor forma que poder desconectar e coñecer Galicia co surf», explica Pedro Navarro, á fronte da escola.

E esta semana deuse a oportunidade de organizar a primeira clase. Seis persoas de entre vinte e trinta anos que residen nun centro da zona puideron gozar da experiencia do deporte das ondas. «Para todos foi a primeira vez que surfeaban. Si que estiveran na praia en viaxes turísticas, pero era a primeira vez que probaban este deporte», sinala o instrutor. A xornada, que discorreu nunha praia emblemática deste deporte como é Pantín, foi un bo respiro. «Non tiveran oportunidade de vir a Valdoviño e coñecer estas praias. Sen vehículo propio é complicado chegar a esta zona, que puideron coñecer. Fixen tamén un pouco de embaixador da terra», chancea Pedro. Gustaríalle poder continuar coa iniciativa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas