GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda salienta en Xenebra que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior”

(25/02/2023)

Miranda salienta en Xenebra que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior”

O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade A Nosa Galiza de Xenebra, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior.

 

Antonio Rodríguez Miranda e as fundacións Nortempo e Venancio Salcines destacaron a iniciativa destinada a atraer galegas e galegos do exterior para postos de traballo de difícil empregabilidade en Galicia.  

 

Ambas fundacións encargaranse de xestionar a recollida dos currículums dos candidatos e candidatas e cadralos coas necesidades das empresas galegas, de xeito que a persoa retornadada poida contar cun contrato de traballo que lle facilite a consolidación do seu regreso a Galicia. 

 

Imaxe da presentación desta tarde en Xenebra

Imaxe da presentación desta tarde en Xenebra

 

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

Xenebra (Suíza), 24 de febreiro de 2023.

 

A Secretaría Xeral da Emigración, xunto ás fundacións Nortempo e Venancio Salcines, iniciaron esta tarde en Suíza, da man da entidade A Nosa Galiza de Xenebra, a xira de presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2026 (ERG2026) que continuará mañá en Zürich e proximamente en Alemaña. Na reunión celebrada hoxe e que contou cunha ampla asistencia de galegas e galegos residentes nesta localidade do país helvético, destacouse a medida máis novidosa do cento co que conta a nova estratexia: o Programa Retorna Cualifica Emprego, que ten como obxectivo ofrecer formación e un contrato indefinido en Galicia para ata 400 galegas e galegos do exterior.

 

A Secretaría Xeral da Emigración iniciou así a rolda de presentación da ERG2026 en Europa por Suíza, por ser o país deste continente con maior colectividade galega e o cuarto do mundo, xa que conta con case 41.300 cidadás e cidadáns galegos.  

 

Tal e como explicou Antonio Rodríguez Miranda, esta acción divulgativa ten coma obxectivo achegar a todas estas persoas a nova Estratexia que conta con 100 medidas para fomentar o retorno e un orzamento de máis de 450 millóns de euros. 

 

“Entre todas elas, cabe destacar as relativas ao ámbito laboral, xa que contar cun emprego facilita o éxito do regreso e as posibilidades de establecerse de xeito definitivo na nosa sociedade”, engadiu o secretario xeral, de aí que se destinen 175 millóns ao desenvolvemento de 37 medidas que teñen que ver coas competencias profesionais e laborais das persoas beneficiarias. 

 

Retorna Cualifica Emprego

 

Segundo afondou Miranda, o programa pioneiro Retorna Cualifica Emprego “vai ser o pulo definitivo para facilitar o regreso á Comunidade dos galegos do exterior, porque reforza un dos eidos fundamentais do retorno: o laboral”.

 

Esta iniciativa busca casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais das e dos retornados. A través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina. O Goberno galego investirá case 4 millóns nesta iniciativa coa que se dá un novo chanzo para adaptar as necesidades do mercado laboral á man de obra que precisa.

 

Esta novidosa medida  permitirá aos seus beneficiarios e beneficiarias volver á súa terra de orixe cun contrato dunha duración mínima de 12 meses e unha axuda económica para financiar os gastos iniciais, tanto da viaxe de ida a Galicia coma outros de establecemento na Comunidade. 

 

Dobre de medidas e orzamento

 

A Estratexia Galicia Retorna 2023-26 duplica tanto en medidas como en orzamento á anterior, posta en marcha en 2018 e que “marcou un punto de inflexión nas políticas de retorno levadas a cabo en España ata o momento”, segundo sinalou Miranda. Co obxectivo de seguir facendo de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior, o documento incide en catro áreas principais: asesoramento e seguimento, eido social, educativo e laboral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas