GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta ofrece aos galegos e galegas de Alemaña a posibilidade de retornar a Galicia a través de programas específicos para estudar ou traballar

(28/02/2023)

A Xunta ofrece aos galegos e galegas de Alemaña a posibilidade de retornar a Galicia a través de programas específicos para estudar ou traballar

O secretario xeral da Emigración exporá esta fin de semana en Bonn e Frankfurt a Estratexia Galicia Retorna 2023-26, integrada por un cento de iniciativas que abordan todos os eidos que garanten a plena integración das persoas que regresan.

 

Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines detallarán o funcionamento do programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrecerá formación e un contrato indefinido a 400 beneficiarias e beneficiarios. 

 

Alemaña é o terceiro país europeo con maior número de cidadás e cidadáns galegos residentes en Europa, máis de 17.700.

 

A Estratexia Galicia Retorna presentarase o venres, 3 de marzo, en Frankfurt e o sábado 4 en Bonn

A Estratexia Galicia Retorna presentarase o venres, 3 de marzo, en Frankfurt e o sábado 4 en Bonn

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, exporá esta fin de semana aos galegos e galegas residentes en Alemaña, o terceiro país con máis poboación galega en Europa, máis de 17.700, as posibilidades que a Estratexia Galicia Retorna 2023-26 lles ofrece para regresar a Galicia. “Xa sexa a través de bolsas para estudar na Comunidade ou de medidas específicas para facilitar o acceso ao mercado laboral, todos os galegos que viven no estranxeiro contarán co apoio firme e sen fisuras do Goberno galego”, apuntou. 

 

Precisamente para expor dos detalles do programa más novidoso que inclúe a EGR2026 acompañarán ao secretario xeral en Bonn e Fráncfort representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas de xestionar o programa pioneiro Retorna Cualifica Emprego. No acto tamén se detallarán os prazos, requisitos e características doutra das medidas estrela do documento, as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), cuxo prazo de solicitude continuará aberto ata o 28 de abril.

 

A Estratexia Galicia Retorna 2023-26 duplica tanto en medidas como en orzamento á anterior, aprobado en 2018 e que “marcou un punto de inflexión nas políticas de retorno levadas a cabo en España ata o momento”, segundo sinalou Miranda. O secretario xeral da Emigración presentará a Estratexia Galicia Retorna 2023-26 o venres 3 ás 18 horas, na Kinder im Zentrum Gallus; e o sábado 4 ás 16:30 horas,  no Club Galicia de Bonn, na rúa Südstrasse.

 

Retorna Cualifica Emprego

 

A nova Estratexia conta cun importante protagonismo do eido laboral e da formación, xa que se trata de aspectos imprescindibles para asentar poboación, de aí que se destinen 175 millóns ao desenvolvemento de 38 medidas que teñen que ver coas competencias profesionais e laborais das persoas beneficiarias. 

 

Unha das máis importantes é o programa Retorna Emprego, promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que busca casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais dos retornados e retornadas. A través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina. O Goberno galego investirá case 4 millóns nesta iniciativa coa que se dá un novo chanzo para adaptar as necesidades do mercado laboral á man de obra que precisa.

 

Esta novidosa medida  permitirá ás e aos seus beneficiarios volver á súa terra de orixe cun contrato dunha duración mínima de 12 meses e unha axuda económica para financiar os gastos iniciais, tanto da viaxe de ida a Galicia coma outros de establecemento na Comunidade. 

 

Máis de 450 millóns de euros

 

A Estratexia Galicia Retorna conta cun cento de medidas e máis de 450 millóns de euros de presuposto para seguir facendo de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior. Para acadar este reto, o documento incide en catro áreas principais: asesoramento e seguimento, eido social, educativo e laboral. Partindo da idea do retorno non só como un dereito, senón como unha vantaxe competitiva para incorporar á sociedade galega persoas de distintos países coa súa formación e experiencia profesional, a Estratexia Galicia Retorna ten como obxectivo facilitar o regreso de 30.000 persoas retornadas nos próximos 4 anos, tanto emigrantes como as e os seus descendentes.

 

As bolsas BEME, unha oportunidades para volver

 

A Xunta vén de abrir a convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), un programa co que invita a 250 galegas e galegos do exterior con mellores expedientes universitarios a regresar á súa terra de orixe para completar a súa formación e establecerse en Galicia.

 

Para acadar este obxectivo, a oferta de bolsas dirixidas a galegas e galegos do exterior do Goberno autonómico céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. Ademais, os beneficiarios e benficiarias destas axudas contarán cunha orientación laboral e con diferentes medidas que facilitarán a súa integración neste eido. 

 

As e os interesados teñen ata o próximo 28 de abril para presentar a súa solicitude, que deberá tramitarse ao tempo que a solicitude de inscrición no máster elixido. Toda a información pode consultarse na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración: https://emigracion.xunta.gal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas