GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSOE de Sanxenxo organiza un encontro de emigrantes retornados para o p?roximo mes

(25/09/2009)

O PSOE de Sanxenxo organiza un encontro de emigrantes retornados para o proximo mes

Autor:
La Voz
Data de publicación:
25/9/2009

O PSOE está elaborando un rexistro de todos os emigrantes retornados que se atopan vivindo nas diferentes parroquias do municipio de Sanxenxo. Actualmente hai inscritas 400 persoas.

O acto celebrarase o próximo 30 de outubro no Auditorio de Emilia Pardo Bazán ás 20.30 horas. O objectivo é «recoñecer o extraordinario achegue da emigración a través do tempo á nosa vila», explicou a secretaria de Políticas Sociais e Emigración do PSDEG-PSOE, Patricia Salinas.

Esta contribución non só foi económica senón tamén de difusión e expansión da cultura galega por todo o mundo. «Ata agora non se lle dió a importancia real do desenvolvemento e ao crecemento de Sanxenxo, que nun principio e ata os anos 50 foi a América», comentou Salinas, que logo se desenvolveu fundamentalmente en Europa, en países como Suíza, Bélxica, Alemaña ou Noruega .

O acto vai consistir nunha proxección repasando os distintos períodos da emigración, as súas causas, características e efectos. O partido socialista está recompilando fotografías e material cedido en gran parte polos propios veciños emigrantes para expor o fenómeno migratorio.

Ao evento acudirá a secretaria de Estado de Emigración, Consuelo Rumí. Ao finalizar o acto entregarase un detalle aos emigrantes retornados e degustarán todos os presentes dun viño español.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas