GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

250 galegas e galegos retornados fórmanse para acceder a un posto de traballo por conta allea no programa de empregabilidade coordinado por Emigración e Ronsel

(25/05/2023)

250 galegas e galegos retornados fórmanse para acceder a un posto de traballo por conta allea no programa de empregabilidade coordinado por Emigración e Ronsel

 
 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nunha das  actividades formativas que pon en marcha a Fundación Ronsel para axudar na inserción laboral e no  coñecemento do mercado laboral galego para persoas galegas retornadas. 

O obxectivo é que estas persoas, moitas delas bolseiras BEME que están a estudar un máster nunha das tres universidades galegas, teñan máis sinxelo atopar un posto de traballo e adaptarse á sociedade galega.

Imaxe desta mañá nunha das actividades formativas
Imaxe desta mañá nunha das actividades formativas
 
 
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta mañá a unha das actividades formativas que está a desenvolver, dende fai unhas semanas, a Fundación Ronsel en colaboración con este departamento autonómico, para facilitar ferramentas que permitan ás e aos galegos retornados atopar un emprego por conta allea. 

As actividades están conformadas por pequenos grupos de alumnos cada un, e teñen como obxectivo facilitar a maior cobertura posible aos galegos e galegas que volven á comunidade autónoma no seu proceso de adaptación á sociedade galega, en concreto, aportándolles ferramentas que lles faciliten a busca de emprego por conta allea. 

Recentemente a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel firmaron un convenio  de colaboración co obxectivo de poñer en marcha diversas accións conxuntas destinadas a que as persoas emigrantes retornadas melloren a súa busca de emprego ou poñan en marcha, de xeito exitoso, o seu propio negocio en Galicia.  

Con este obxectivo, Ronsel realizará, ao longo dos próximos meses, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, obradoiros grupais, charlas e cursos, así como se levarán a cabo itinerarios individualizados de inserción laboral adaptados ás condicións particulares de cada un dos e das participantes. Estas accións, que buscan a eficiencia na busca de traballo por conta allea, van dirixidas a un máximo de 250 persoas emigrantes retornadas.  

A Fundación Ronsel é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento e fomento económico galego e, en particular, a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas