GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de bolsas BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso

(30/05/2023)

Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de bolsas BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso

 
 

As e os interesados deben achegar os documentos que se lles requiren de xeito que poida tramitarse a súa solicitude. 

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes.

O prazo de emenda de solicitudes está aberto ata o vindeiro venres, 2 de maio
O prazo de emenda de solicitudes está aberto ata o vindeiro venres, 2 de maio
 
 
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior 2023/24, BEME, pola que se interesaron máis de 600 galegas e galegos universitarios do exterior. Estas bolsas permiten realizar, ás e aos galegos universitarios do exterior menores de 40 anos, un máster nunha das tres universidades galegas. As solicitudes chegaron dende 35 países de tódolos continentes. 

As persoas excluídas disporán dun prazo de prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lles requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición.

A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas no apartado de “subsanación”. Mais información  nesta ligazón.

Estas bolsas destínanse a galegas e galegos universitarios residentes fóra de Galicia dende fai máis de dous anos ou descendentes de cidadás e cidadáns galegos con titulación superior que desexen realizar un dos másteres que ofertan a UVigo, a USC e a UDC en calquera dos seus campus.   

O obxectivo destas bolsas é que estas mozas e mozos poidan completar a súa formación universitaria, o que lles podería permitir quedar a traballar e vivir en Galicia. 

A bolsa, cuxo importe vai dos 7.500 aos 12.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo e segundo o número de créditos a realizar), destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas