GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración mantén a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas oficinas sociais

(01/06/2023)

Emigración mantén a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas oficinas sociais

 
 

Esta axuda ten como obxectivo contribuír a achegar información e asistencia aos galegos e galegas residentes neste país sobre os programas e liñas de axudas da Xunta de Galicia. 

Imaxe de arquivo dunha visita do secretario xeral da Emigración á Oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Imaxe de arquivo dunha visita do secretario xeral da Emigración á Oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
 
 
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración ratificou a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas  oficinas sociais de asesoramento aos galegos e galegas residentes neste país caribeño, de cara a continuar a aportar os datos necesarios a quen desexa retornar a Galicia ou solicitar algunha axuda de carácter social ou económico.

En total, destínanse este ano 76.000 euros para estas oficinas de información coas que contan a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Gallego de Maracaibo, a Hermandad Gallega de Valencia e o Centro Gallego de Puerto La Cruz e que permiten achegar asistencia e información sobre os programas e liñas de axudas que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta ás e aos galegos do exterior, así como as relativas ao retorno a Galicia.

En Venezuela residen, na actualidade, 30.260 cidadás e cidadáns galegos que forman parte do total de case 136.200 persoas que conforman a colectividade española deste país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas