GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destina 15.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas dos galegos e galegas

(05/06/2023)

Emigración destina 15.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas dos galegos e galegas

 
 

Esta axuda, que aumenta este ano en 3.000 euros, ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día.

Foto de arquivo, do pasado mes de outubro, da visita do secretario xeral da Emigración á entidade galega na capital paulista
Foto de arquivo, do pasado mes de outubro, da visita do secretario xeral da Emigración á entidade galega na capital paulista
 
 
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 15.000 euros, 3.000 máis que o pasado ano, para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e galegas residentes nesta populosa localidade brasileira acollida no seu centro de día. 

Esta entidade sen ánimo de lucro posúe, dende 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socioasistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais, para procurar unha lonxevidade saudable. Entre as súas actividades primordiais, atópase a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegos e galegas e descendentes que se atopen nunha situación de necesidade, na súa maior parte debido ás circunstancias socioeconómicas nas que viven, contando cunhas 20 persoas usuarias galegas.

A Secretaría Xeral da Emigración estima que é necesario colaborar con esta institución posto que é a única entidade en São Paulo que presta este tipo de servizos á comunidade galega. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas