GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración recorda que mantén aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través da historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión

(09/06/2023)

 

 
 
María e Germán puxeron en marcha a editorial de xogos de mesa Buscalume co apoio das Axudas ao Retorno Emprendedor
María e Germán puxeron en marcha a editorial de xogos de mesa Buscalume co apoio das Axudas ao Retorno Emprendedor
 
Axudas ao Retorno Emprendedor - María & Germán
 
 
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración lembra, grazas á historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión (Francia), German Ricoy e María Eiriz, que as e os interesados en solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor  teñen aínda ata o próximo 29 de setembro para presentar a súa solicitude. Estas axudas aportan un apoio económico de entre 6.000 e 10.000 euros aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial e sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento do seu negocio con ata 10.000 euros de subvención. 

No seguinte vídeo, Ricoy e Eiriz contan a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dunha empresa dedicada á creación e fabricación de xogos de mesa. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea) ou nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas