GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración mantén a súa colaboración con entidades galegas do Uruguai para a atención social a galegos e galegas con dificultades vitais

(12/06/2023)

 

 
 

Destínanse un total de 105.000 euros para a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo e para o Hogar Español.

Estas aportacións ecónomicas teñen como obxectivo  facilitar a prestación de asistencia á colectividade galega residente neste país con dependencia, avanzada idade ou baixos ingresos económicos. 

Imaxe da visita, do pasado mes de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda á Asociación Española de Primera de Socorros Mutuos de Montevideo
Imaxe da visita, do pasado mes de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda á Asociación Española de Primera de Socorros Mutuos de Montevideo
 
 
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración ratificou a súa colaboración coas entidades galegas do Uruguai que traballan en prol da atención social e sanitaria á colectividade galega residente neste país con dependencia, avanzada idade ou baixos ingresos económicos. 

En total, destínanse este ano 105.000 euros para a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo e o Hogar Español situado na capital uruguaia. No Uruguai residen na actualidade 40.099 cidadás e cidadáns galegos, que forman parte do total de case 66.478 persoas que conforman a colectividade española deste país.

Por entidades, a Secretaria Xeral da Emigración destina 75.000 euros para o Hogar Español de Montevideo, de cara a axudar na atención social dos galegos e galegas residentes no Uruguai. 

Esta entidade sen ánimo de lucro mantén un servizo integral aos 155 usuarios e usuarias que se atopan actualmente no centro, das e dos que 83 son galegos, aínda que ten capacidade para chegar a acoller a 216 persoas. O 90% das e dos que se atopan residindo nas súas instalacións son dependentes en diferentes graos, de leve a severo e contan cunha idade media de 86 anos. Ademais de aloxamento, coidado e manutención, o centro ofrece servizos médicos, animación sociocultural e estimulación cognitiva. 

Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do Hogar, que conta con  persoal especializado para promover o benestar das persoas beneficiarias de orixe galega acollidas neste centro, favorecendo a súa integración, participación e relación co medio social.

En canto á Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, La Española, a Secretaría Xeral da Emigración colabora con esta entidade a través dun acordo de 30.000 euros destinados ao programa de atención sociosanitaria para facilitar a atención no ámbito sanitario a aquelas persoas de orixe galega en situación de precariedade económica.

A Asociación Española Primera de Socorros Mutuos é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1853, co obxectivo de crear un fondo común destinado a socorrer aos seus asociados e asociadas no caso de enfermidade, outorgándolles asistencia médica completa. Na actualidade, o número total de socias e socios supera os 200.000, dos que un número moi relevante son españois e españolas de orixe galega.

A Secretaría Xeral da Emigración leva anos colaborando con estas dúas entidades, xa que considera necesario contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente no Uruguai e que estean a pasar dificultades vitais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas