GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Especialistas destacan que as vagas de persoas son o maior problema humanitario actual

(13/06/2023)

 

 

Nos últimos dez anos as axencias internacionais contabilizaron os desprazamentos de 80 millóns de persoas. “ É o maior problema humanitario do noso tempo” asegurou Javier Rodrigo no marco da súa intervención na cita “Refuxiados, exiliados, desprazados” que organizou este luns o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG). Na cita, diferentes especialistas alertaron da ambivalencia dos conceptos refuxiados e exiliados, ademais de asegurar que os grandes movementos de persoas xa non son só por motivos políticos, xa que hai violencias sexuais e ambientais entre as causas dos desprazamentos. Todas as intervencións están dispoñibles desde a canle de Youtube da institución.

 

A cuestión dos movementos migratorios está entre as preocupacións do CCG desde a xúa xénese. O actual director do Arquivo da Emigración Galega, Xosé Manoel Nuñez Seixas, explicou que “a xornada naceu dunha inquedanza polos acontecementos recente, a Guerra Civil de Siria e a invasión rusa sobre a Ucraína, devolvéronnos imaxes e vagas que pensábamos que estaban superadas e pertencían no ámbito europeo a outros tempos (Guerra Civil Española, Segunda Guerra Mundial…)”. Con todo, a cita ollou cara estes fenómenos desde un ángulo diferente, desde o estudo das formadas de refuxio, de desprazamento forzado alén dos exilios políticos (e clásicos). Reflexionar sobre iso e a súa utilidade no caso galego.

Javier Rodrigo, da Universitat Autónoma de Barcelona, ofreceu unha análise sobre os desprazamentos forzados de poboación ao logo do Século XX. Fíxoo a través dos resultados de “So close”, un grupo de investigación que leva tres anos analizaron o pasado e presente dos desprazamentos forzosos. Na súa opinión, o “desprazamento forzoso está vivindo unha segunda xuventude”. Se na primeira etapa, a comprendida no período de entreguerras, se produciu o desprazamento de 60 millóns de persoas, nos últimos dez anos esa cifra medrou ata os 80 millóns. Durante a súa intervención ofreceu gráficas que cuantificaban, en cifras oficiais, ese fenómeno liderado pola Ucraína e Siria (con máis de seis millón de desprazamentos en cada un deses países) seguidos de Venezuela (4.605.000) e Afganistán (2.712.900). Os resultados da investigación tamén permite tipificar os movementos. “O desprazamento forzoso é interno, é dicir, dentro do propio país” explicou Rodrigo quen afirmou que “nos desprazados non chegan nunca ou case nunca a Europa”. Turquía, con 3,6 millóns; Xordania, con 2,9 millóns e Paquistán, con 1,4 millóns son os principais países de acollida.

Magda Fytili, tamén da Universitat Autónoma de Barcelona fixo un repaso histórico dos refuxiados e migrantes durante a historia e trazou algunhas das diferenzas e similitudes entre os períodos históricos nos que estes movementos tiña aspectos positivos para os países de recollida. Con todo, explicou Magda, no século XX a situación mudou pola súa dimensión cualitativa e cuantitativa por primeira vez, adquiriron un relevo internacional. “A emigración entrou na historia porque pasou a ser un problema de grandes dimensións, de urbanización, de industrialización, e por conseguinte de proletarización” explicou. Na súa exposición apuntou a que os novos movementos de poboación desafían a primacía da causa política e que hai novos modelos como son a violencia sexual ou a violencia ambiental.

Aínda que Magda apuntou a que os refuxiados só existen como categoría política desde a convención de xenebra de 1951, foi Fernando Devoto que desenvolveu na súa intervención una reflexión sobre o propio concepto entre refuxiados, migrantes e desprazados. “Para min houbo un uso instrumental das palabras en relación coas xerarquías ou as clases sociais” apuntou Devoto. Expuxo os casos de Hannah Arendt, de José Ferrater Mora, entre outros, para defender a idea dos matices dentro de cada etiqueta e que son sensibles ás diferencias sociais. “As palabras non son neutras e usar unha ou outra palabra é expresar un prexuízo”, afirmou.
Na sesión da tarde, Xosé M. Núñez Seixas trazou as diferentes características do exilio galego entre 1936 e 1975. Na súa intervención estableceu una tipoloxía ideal do exiliado galego: desde o exilado dos primeiros meses, o fuxido que escapa, os exilados por azar xeográfico, o fuxido ou guerrilleiro de posguerra ou emigrantes exilados; ata os exiliados ou emigrados galegos en Portugal. A xornada rematou con Keina Espiñeira e Leticia Santaballa, do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da Universidade da Coruña, que falaron dos refuxiados galegos contemporáneos, con atención aos mecanismos e iniciativas de acollida en contextos rurais e urbanos.

O Arquivo da Emigración Galega
O Arquivo da Emigración Galega xorde como un programa promovido pola Sección de Cultura Galega no Exterior e configúrase desde o ano 1992 como un lugar de encontro, centro documental e de información para os investigadores interesados no estudo do fenómeno migratorio.
Entre os seus obxectivos figura conservar a memoria viva da emigración galega a través da recuperación do seu patrimonio cultural; constituírse como un centro de documentación, investigación e difusión referencial que amplía e mantén as súas distintas modalidades de acceso e disposición de materiais de interese para os investigadores, así como difundir e promover estudos e investigacións de carácter científico que sirvan para un mellor coñecemento dos distintos aspectos relacionados co fenómeno da nosa emigración.

Actualmente está dirixido por Xosé M. Núñez Seixas e conta entre os seus membros con Luis Domínguez Castro, Marcelino Fernández Santiago, Xesús Fraga Sánchez, María Alonso Alonso, Antía Pérez Caramés e Raúl Soutelo Vázquez.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas