GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda avanza que o Goberno galego facilitará e ampliará as modalidades de formación para a mocidade exterior

(14/06/2023)

Salienta as vantaxes dunha nova modalidade de FP Dual a distancia que permitirá facer parte da formación no país de orixe.

Anima ás novas xeracións de galegos no exterior a quedar na terra dos avós: “Aquí tedes un futuro e vós sodes unha parte moi importante dese futuro”, subliñou.

  • O presidente da Xunta participou na entrega de diplomas aos beneficiarios das bolsas BEME e do programa Retorna Mocidade
    O presidente da Xunta participou na entrega de diplomas aos beneficiarios das bolsas BEME e do programa Retorna Mocidade

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o Goberno galego facilitará e ampliará as modalidades de formación para a mocidade exterior. O titular do Executivo autonómico adiantouno no acto de entrega de diplomas aos beneficiarios das bolsas BEME e do programa Retorna Mocidade.

O mandatario galego valorou “a coraxe” dos mozos e mozas que deixaron os países dos que procedían sumándose ás iniciativas da Xunta para garantir o retorno dos galegos e as galegas que viven fóra, e animounos a quedar na terra dos seus avós para formar parte do progreso do país e para ser protagonistas do seu futuro. Grazas a estes programas pioneiros, que xa están a imitar outras Comunidades autónomas, 28.000 galegos e galegas retornaron á súa terra nos últimos catro anos, e coa posta en marcha dun cento de medidas que conforman a nova edición da Estratexia Galicia Retorna, agárdase que o fagan 30.000 máis ata o 2026.

Alfonso Rueda salientou que as políticas para favorecer o retorno dos galegos no exterior son unha obriga da Xunta porque aos beneficiarios lles asiste ese dereito e porque Galicia necesita deles para prosperar social e economicamente e para combater o reto demográfico. “Aquí tedes un futuro e vós sodes unha parte moi importante dese futuro”, subliñou.

Entre ese centenar de medidas da Estratexia Retorna van incluídas as bolsas de excelencia para a xuventude exterior, as coñecidas bolsas BEME. A iniciativa arrincou no ano 2017 para ofrecer aos descendentes dos galegos residentes noutros países a oportunidade de estudiar un mestrado en Galicia, posibilidade que logo foi ampliada á Formación Profesional. Na sexta edición clausurada hoxe polo presidente da Xunta -que asistiu ao acto acompañado do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda-, ofrecéronse máis de 300 prazas; 250 para másteres e 54 para FP.

A oferta incrementarase no vindeiro curso cun cento de prazas máis para a Formación Profesional grazas á incorporación dunha modalidade inédita ata o de agora: a FP Dual a distancia. Desta maneira, os interesados poderán formarse nos centros de ensino galegos, como viñan facendo, ou optar pola nova modalidade dual a distancia, que lles permitirá facer unha parte da formación no país de orixe e a outra, no centro de ensino galego e nas empresas asociadas. O mandatario galego felicitou os reitores das tres universidades públicas galegas -Antonio López (USC), Julio Abalde (UDC) e Manuel Reigosa (UVigo)- pola súa colaboración na posta en marcha destes programas formativos.

O presidente da Xunta destacou que se trata da primeira vez que se poñen en marcha ciclos duais a distancia, que servirán como experiencia piloto para ampliar a oferta no futuro. O Goberno galego investirá máis de 3 millóns de euros nestas bolsas o vindeiro curso. Serán 2,3 millóns para as bolsas dos másteres, que se incrementan un 7 % para compensar os efectos da inflación, e case un millón para as de Formación Profesional. “Non é un gasto, é un investimento que ten un retorno enorme”, salientou Rueda.

En total, a Estratexia Retorna conta cun investimento de 450 millóns que inclúe medidas como as axudas ao retorno emprendedor, achegas extraordinarias para facer fronte aos gastos para trasladarse e establecerse en Galicia ou o novidoso programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrecerá contratos indefinidos a 400 galegos que retornen, así como formación, axudas económicas e apoio mentres dure o proceso de arraigamento.

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas