GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta con Galicia

(15/06/2023)

 

 
 

Este programa ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. 

Desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío entre os meses de xullo e agosto, e as e os participantes realizarán actividades de ocio e deporte, visitas culturais e tamén coñecerán empresas galegas punteiras.

O prazo para a emenda de solicitudes remata o 28 de xuño
O prazo para a emenda de solicitudes remata o 28 de xuño
 
 
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración que se volve desenvolver este ano, tras tres anos de suspensión por mor da pandemia, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 60 mozos e mozas galegas do exterior durante os meses de xullo e agosto. 

Este programa permitirá que persoas de 16 e 17 anos residentes no estranxeiro, nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos volvan a ter contacto coa realidade galega e o encontro coas súas familias, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen.

A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

‘Conecta con Galicia’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 e o 11 de agosto.  Nestas instalacións realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. 

Os interesados e interesadas teñen de prazo para a emenda da solicitude ata o 28 de xuño. As listaxes poden consultarse nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas