GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración colabora coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba con 65.000€ para o mantemento da Oficina social de información e asesoramento da Habana

(16/06/2023)

 

 
 

Esta axuda ten como obxectivo reforzar o funcionamento desta oficina que permite axilizar as axudas de atención social aos galegos e galegas residentes neste país e coordinar o resto de puntos de asesoramento situados noutras provincias cubanas.

A Federación de Sociedades Gallegas de Cuba ten a súa sede no Palacio do antigo Centro Gallego de La Habana
A Federación de Sociedades Gallegas de Cuba ten a súa sede no Palacio do antigo Centro Gallego de La Habana
 
 
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 65.000 euros para a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba de cara a manter a Oficina de Información situada na Habana que permite tramitar as axudas de atención social aos galegos e galegas residentes neste país e coordinar o resto de puntos de asesoramento situados noutras provincias cubanas. 

Esta entidade sen ánimo de lucro agrupa a un total de 46 sociedades galegas e ten a súa sede no Palacio do antigo Centro Gallego de La Habana, sendo a entidade galega de referencia en todo o país e desenvolvendo actividades que contribúen a manter e reforzar os vínculos coa galeguidade cubana e a difusión do noso patrimonio cultural e artístico. Nesta sede vén funcionando dende o 2007 a Oficina Social de Información e Asesoramento, creada co fin de difundir e colaborar na xestión das solicitudes dos programas e axudas da Secretaría Xeral da Emigración. Ademais, exerce un labor de coordinación dos puntos de información existentes co mesmo fin ao longo de todo o país, mantendo un labor social e asistencial orientado a galegos e galegas que se atopan nunha situación de necesidade. 

A Secretaría Xeral da Emigración leva anos colaborando coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, xa que considera necesario contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente neste país caribeño que estea a pasar dificultades vitais. En Cuba residen na actualidade preto de 47.000 cidadás e cidadáns de ascendencia galega. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas