GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda e Alén asisten á homenaxe a José Antonio Viñas no Festival Internacional Caravan, destacando a súa figura como colaborador esencial na divulgación da cultura galega no eido da emigración

(19/06/2023)

 
 
  • Imaxe da homenaxe a José Antonio Viñas celebrada onte no Pereiro de Aguiar
    Imaxe da homenaxe a José Antonio Viñas celebrada onte no Pereiro de Aguiar
  • Imaxe da homenaxe a José Antonio Viñas celebrada onte no Pereiro de Aguiar
    Imaxe da homenaxe a José Antonio Viñas celebrada onte no Pereiro de Aguiar
  • Imaxe da homenaxe a José Antonio Viñas celebrada onte no Pereiro de Aguiar
    Imaxe da homenaxe a José Antonio Viñas celebrada onte no Pereiro de Aguiar
 
 
O Pereiro de Aguiar (Ourense), 18 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron na tarde de onte aos actos en homenaxe a José Antonio Viñas, fundador da Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, que se desenvolveron no IGF Caravan Festival Internacional 2023 en O Pereiro de Aguiar. Miranda destacou a súa figura como colaborador esencial no eido da emigración, pola difusión constante da nosa cultura entre a colectividade do exterior, así como polo seu labor formativo ante os centros galegos.

No acto estivo tamén presente o alcalde da localidade, Luis Menor, o presidente da Unión Mundial de Folclore, Dorel Cosma, e as e os membros da Federación Internacional. Durante o mesmo, descubriuse unha placa de bronce dedicada a José Antonio Viñas, executada polo artesán galego Camilo Sieiro, sobre un monólito de pedra situado no atrio do Santuario dos Gozos. A homenaxe contou coa actuación da Asociación Cultural Sons do Miño, así como da cantante Cristina Eiró e da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, enmarcándose no IGF Caravan - José Antonio Viñas Festival Internacional 2023, no que, ao longo de toda a semana, actuaron diferentes grupos de música popular chegados dende Francia, Israel, Italia, Romanía e España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas