GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración apoia o compromiso do Festival Internacional Rebulir 2023 co recoñecemento ás accións culturais das entidades galegas do exterior

(21/06/2023)

 

 
 
  • Antonio Rodríguez Miranda e Alexandre Sotelino Losada, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital galega
    Antonio Rodríguez Miranda e Alexandre Sotelino Losada, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital galega
  • Antonio Rodríguez Miranda e Alexandre Sotelino Losada, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital galega
    Antonio Rodríguez Miranda e Alexandre Sotelino Losada, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital galega
 
 
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladoulle ao director do Festival Internacional Rebulir 2023, Alexandre Sotelino Losada, o apoio do departamento autonómico a este evento que, como cada ano, desenvolverase no concello de Ramirás, en Ourense, polo recoñecemento que realiza ás accións culturais das entidades galegas do exterior.

O XVII Festival Internacional Rebulir é unha das citas do almanaque lúdico-cultural de Ramirás (Ourense), que mobiliza en cada edición a centos de veciñas e veciños que acoden a desfrutar da música, dos obradoiros e das animacións programadas, moitas e moitos deles galegos do exterior que aproveitan esta festa para achegarse ata este concello ourensán. Dentro deste festival, fallaranse os premios Rebulir de Cultura Galega, que teñen como obxectivo realizar un recoñecemento ás persoas e colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da nosa cultura e á proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, como é o caso das entidades galegas do exterior, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas