GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración renova a colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) co obxectivo de continuar a facilitar a integración das e dos bolseiros BEME

(21/06/2023)

 

 
 

A Secretaría Xeral da Emigración destina 15.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior.

Mantense así un acordo que permite, dende 2019, facilitar a integración laboral e social dos bolseiros e bolseiras BEME e consolidar o seu establecemento en Galicia.

  • Imaxe da sinatura, esta mañá, na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
    Imaxe da sinatura, esta mañá, na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
  • Imaxe da sinatura, esta mañá, na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
    Imaxe da sinatura, esta mañá, na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
 
 
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou esta mañá o acordo de colaboración co presidente da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA), Raúl Barrantes, o que permitirá destinar 15.000 euros para o financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados por esta entidade, organización de actividades culturais e sociais para a xuventude, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia co obxectivo de ofrecer aos galegos e galegas que volven á comunidade autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega. 

Deste xeito, e dada a boa acollida que tiveron en anos pasados as acción executadas a través desta asociación coas e cos bolseiros galegos retornados BEME, vólvese a establecer un marco da colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como ás que retornen á Comunidade autónoma galega.  

A Secretaría Xeral da Emigración continúa así a colaboración con esta entidade para ofrecer ás persoas emigrantes retornadas á Comunidade Autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega, especialmente no caso das e dos bolseiros do programa Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). De feito, esta asociación constituíuse en 2019 por bolseiras e bolseiros da primeira promoción deste programa e continúa a medrar coas e cos novos bolseiros que chegan cada ano. 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas