GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda felicita aos galegos e galegas residentes en Cuxhaven polo éxito da súa 46ª Festa da Primavera

(03/07/2023)

  • Imaxe da celebración da Festa da Primavera do Centro Cultural Galego de Cuxhaven
    Imaxe da celebración da Festa da Primavera do Centro Cultural Galego de Cuxhaven

Cuxhaven (Alemaña), 24 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á 46ª Festa da Primavera de Cuxhaven, organizada polo centro galego asentado nas beiras do Mar do Norte, felicitándoos polo éxito acadado tanto na asistencia de público como na calidade das actuacións dos diferentes grupos folclóricos galegos asistentes e da cantante galega Lucía Pérez.

A esta festa asistiu, entre outras autoridades, a tenente alcalde do concello, Christina Babacé, moi vinculada ao mundo da emigración, xa que naceu en Nova York, filla de alemáns emigrados a Estados Unidos. Miranda agradeceu o traballo desenvolvido pola colectividade galega desta vila, irmandada coa de Vilanova de Arousa, para que esta festa poida continuar desenvolvéndose todos os anos “de xeito que a nosa cultura, as nosas músicas e os nosos sons poidan inundar as rúas de Cuxhaven e darse a coñecer entre a poboación desta fermosa localidade”.

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas