GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica a listaxe de puntuación provisional das e dos admitidos e suplentes das Bolsas de Excelencia para Mocidade do Exterior (BEME)

(03/07/2023)

 

 
 

As e os interesados teñen ata o 3 de xullo para presentar as alegacións que consideren oportunas.

Máis de 600 universitarias e universitarios galegos do exterior interesáronse por esta axuda
Máis de 600 universitarias e universitarios galegos do exterior interesáronse por esta axuda
 
 
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe, luns 26 de xuño, a listaxe coa puntuación provisional de persoas admitidas e suplentes, así como a listaxe de excluídas das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME).

Deste xeito, os candidatos e candidatas disporán de prazo ata o 3 de xullo para presentar as alegacións que consideren oportunas.

Máis de 600 universitarias e universitarios galegos do exterior interesáronse por esta axuda, que conta con 250 prazas, para o estudo dun máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

Esta será a sétima edición das bolsas BEME, que conta cun orzamento que ascende en 2023 ata os 2,3 millóns de euros, 150.000 euros máis que na pasada convocatoria, co fin de aumentar as contías asignadas ás e aos beneficiarios para paliar os efectos da inflación que se está a rexistrar a nivel mundial. 

Con esta iniciativa, impúlsase a captación de universitarios galegos e galegas e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades galegas. 

O obxectivo destas bolsas é que estas mozas e mozos poidan completar a súa formación universitaria, o que lles podería permitir quedar a traballar e vivir en Galicia. 

A bolsa, cuxo importe vai dos 7.500 aos 12.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo e segundo o número de créditos a realizar), destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial.    

As e os interesados poden comprobar os datos a través desta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas