GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Remata a primeira parte do Ciclo Mestre Mateo, que achegou o cine galego ata oito centros do exterior en España, Europa e América

(03/07/2023)

 

 
 
  • Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Salamanca
    Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Salamanca
  • Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Lisboa
    Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Lisboa
  • Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Las Palmas de Gran Canaria
    Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Las Palmas de Gran Canaria
  • Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Basilea
    Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Basilea
  • Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Vitoria
    Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Vitoria
  • Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Nova York
    Imaxe da proxección do Ciclo Mestre Mateo en Nova York
 
 
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023.

Os centros galegos do exterior que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 proxectaron, durante os pasados dous meses, catro producións audiovisuais galegas (dúas películas e dous documentais), dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.

Esta iniciativa permitiu achegar, con éxito de asistencia, o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos Premios Mestre Mateo aos galegos e galegas do exterior a través do Centro Gallego de Álava, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de Salamanca, La Nacional de Manhattan, o Centro Gallego de Rosario en Arxentina, o Centro Gallego de México e a Sociedade Galega Sementeira de Basilea (Suíza). Nesta primeira parte do ciclo, que continuará en setembro, cando remate o verán, puidéronse ver Valentina e Código Emperador, así como os documentais María Casares, a muller que viviu mil vidas e No somos nada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas