GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visita a Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro dedicada á atención socio asistencial das e dos maiores galegos

(03/07/2023)

A Secretaría Xeral da Emigración vén de destinar 20.000 euros, a través dun acordo de colaboración, a esta entidade co obxectivo de contribuír na mellora do benestar social e da calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. 

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro

Río de Xaneiro (Brasil), 30 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, visitou hoxe a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, Brasil, para comprobar o seu labor de apoio e atención socioasistencial ás e aos maiores con necesidades desta localidade. 

Tal e como recordou o responsable autonómico, o departamento que dirixe acaba de aprobar un novo acordo de colaboración de 20.000 euros destinado a axudar neste labor e coidar así dos galegos e galegas que non poden afrontar o custo da súa estancia, por razóns de carencia ou dependencia. 

Esta entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1940 por persoas emigrantes galegas, ten como finalidade acoller a persoas anciás de xeito gratuíto, dando prioridade ás persoas galegas e españolas con necesidades. A súa actividade axuda a mellorar o aspecto social, emocional e sociolóxico das persoas acollidas.

A Secretaría Xeral da Emigración considera que é necesario establecer unha colaboración para contribuír na prestación de asistencia á colectividade galega residente en Río de Xaneiro e na súa área xeográfica que, por cuestións de idade e/ou circunstancias sociofamiliares, presentan problemas asociados e derivados destas.

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas