GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda destaca o “Novo Rexurdimento” dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que queiran visitar, vivir ou investir nela

(03/07/2023)

Incide en que a Estratexia Galicia Retorna é unha aposta de país, dirixida a facilitar o regreso dos galegos e galegas no exterior, que está a ser un auténtico referente para outras comunidades de España. 

Salienta a “Galicia potente” que é quen de acumular unha vintena de proxectos industriais con enorme capacidade tractora e superar as previsións de crecemento económico.

  • O presidente da Xunta interveu no acto de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2023 da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT)
    O presidente da Xunta interveu no acto de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2023 da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT)

Barcelona, 30 de xuño de 2023.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou este venres o “Novo Rexurdimento” dunha Galicia disposta a recibir coas portas abertas a todos os que desexen vivir, visitar ou investir nela. Unha Comunidade –afirmou— que, grazas ao esforzo dos galegos que a construíron desde dentro e desde fóra, pasou de ser unha terra de despedidas a unha terra de benvidas. 

No acto de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2023 da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT) en Barcelona, Rueda incidiu na Estratexia Galicia Retorna como unha aposta de país, que está a ser un auténtico modelo a seguir polo resto de comunidades españolas para que os galegos do exterior teñan facilidades para regresar a estudar ou traballar en Galicia. 

Na mesma liña, o titular da Xunta asegurou que a Comunidade tamén está a facilitar a chegada daqueles que queren xerar riqueza e emprego. “Hai moito tempo que deixamos o tópico da Galicia do atraso. Hoxe somos a Galicia potente”, aseverou. Proba desa fortaleza, agregou, é a vintena de proxectos industriais de gran capacidade tractora que se viron atraídos pola estabilidade, a axilidade administrativa e os incentivos para instalarse en Galicia. “O noso modelo económico funciona, por iso en 2023 medraremos por riba do previsto e en 2024 por riba do 2%”, manifestou. 

Rueda explicou, por outra banda, que cada vez son máis os visitantes que están entendendo que “Galicia está de moda”. Logo de que as cifras turísticas bateran récords no dobre Ano Santo, subliñou que a estas alturas de 2023 están acudindo á Comunidade máis peregrinos e turistas que no ano anterior. “Aos que busquen natureza, calidade, gastronomía, tranquilidade... Só lles podo dicir que Galicia senta ben. Se non o saben xa, animo a probalo”, convidou o presidente. 

O titular da Xunta sinalou igualmente que Galicia tamén aposta para converterse no mellor lugar onde vivir e formar unha familia, a través de medidas como a gratuidade da escolas infantís, a excelencia educativa ou a empregabilidade da Formación Profesional, nomeadamente a dual. 

Aos premiados
Durante a súa intervención, Rueda tivo palabras de recoñecemento para os galegos que chegaron a Cataluña con pouca equipaxe pero levaron consigo a Galicia, e legaron aos seus descendentes unha múltiple pertenza. “Sodes galegos e cataláns sen deixar de pertencer a España e a Europa. É unha forma de estar no mundo á galega”, sinalou. 

Acerca dos premiados, lembrou que o éxito da oncóloga Marisol Soengas na investigación contra o cancro será o de toda a sociedade, manifestou que o fútbol está en débeda permanente co papel pioneiro de Verónica Boquete e agradeceu a Carlota Corzo, cofundadora da firma Lazzaro, o seu traballo para mellorar a fortaleza económica e tecnolóxica das ONGs. Ademais, recoñeceu a José María Froiz a capacidade para distribuír a calidade dos produtos galegos a través dunha cadea de supermercados galega e á galeguidade sempre presente en Victoria Prego, xornalista considerada voz de referencia na Transición. Finalmente, cualificou á Federación de Alzhéimer de Galicia (FAGAL) como un exemplo dunha sociedade que coida de si mesma e incidiu no enorme éxito, galego e nacional, do actor Luís Zahera. 

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas