GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda mantén un encontro coas e cos directivos da Casa de España en Río de Xaneiro, aos que agradeceu a colaboración para a atención social dos galegos e galegas residentes nesta localidade brasileira

(03/07/2023)

 

 
 

A Secretaría Xeral da Emigración destina  25.000 euros a esta entidade co obxectivo de apoiar a súa oficina de información e asesoramento así como o seu centro de día para maiores.

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de España de Río de Xaneiro
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de España de Río de Xaneiro
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de España de Río de Xaneiro
 
 
Río de Xaneiro (Brasil), 1 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo nas últimas horas un encontro cos e coas representantes da Casa de España en Río de Xaneiro, Brasil, no que lles agradeceu a colaboración coa Xunta de Galicia na atención social aos galegos e galegas residentes nesta localidade brasileira.

A Secretaría Xeral da Emigración e a Casa de España firmaron un acordo de colaboración recentemente para manter o labor de apoio ás e aos galegos residentes nesta localidade tanto a través do funcionamento do centro de día como do seu punto de información e asesoramento, que contempla unha aportación por parte da Administración autonómica de 25.000 euros.

Esta entidade sen ánimo de lucro ten como finalidade servir de vínculo entre as e os membros da comunidade galega co obxectivo de manter o recordo da cultura e a lingua galegas, contando con preto de mil afiliadas e afiliados con orixe en Galicia. Desenvolve un importante labor socioasistencial orientado a facer efectiva a mellora da calidade de vida das persoas anciás pertencentes á colectividade galega a través do mantemento dun centro social de maiores mediante o que executa actividades de rehabilitación e estimulación mental e física, atendido por persoal especializado, do que se benefician máis de 250 persoas de orixe galega de entre 65 e 96 anos. Ademais, tamén conta cunha oficina de difusión, información e asesoramento á comunidade galega onde se axuda a tramitar as solicitudes das persoas interesadas en participar nas convocatorias dos programas e actividades que executa a Secretaría Xeral da Emigración.

A Secretaría Xeral da Emigración leva anos colaborando con este centro español, xa que considera necesario contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente no Brasil e que estean a pasar dificultades vitais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas