GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda analiza coas entidades galegas en Bos Aires o traballo realizado nos últimos meses en prol da colectividade

(03/07/2023)

 

 
 

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos centros galegos de Arxentina aos que agradeceu, xunto á Delegación da Xunta en Bos Aires, a atención prestada ás e aos residentes no país así como o traballo en prol da difusión da nosa cultura.

Aproveitou o encontro para pedir a colaboración das entidades na difusión das diferentes liñas de apoio ao retorno que está a desenvolver a Xunta de Galicia e que xorden dun acompañamento integral que se inicia xa no propio país de orixe.

  • Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
    Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
  • Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
    Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
  • Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
    Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
 
 
Bos Aires (Arxentina), 2 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, celebrou onte en Bos Aires unha reunión coas entidades galegas na que se falou sobre o labor desenvolvido por estes centros nos últimos meses en prol tanto dos galegos e galegas con maiores necesidades sociais e económicas, como no eido da promoción da cultura galega na Arxentina.

Miranda centrou a súa intervención ante as e os representantes dos centros galegos en Bos Aires dando as grazas tanto á Delegación da Xunta como ás propias entidades polo traballo que se está a desenvolver, xa que “somos coñecedores do mesmo porque mantemos contacto constante cos centros e sabemos da importancia que o seu labor ten nunha época de especial turbulencia como é a actual, onde a inflación a nivel mundial está a pasar factura a moitas familias”.    

Neste senso, o secretario xeral destacou que dende a Administración autonómica séguese a apostar por apoiar ás entidades no seu traballo no país do Cono Sur, pero tamén polo retorno a Galicia, recordando ás entidades a importancia de dar a coñecer entre a colectividade as políticas de retorno que ten en marcha a Xunta de Galicia e que supoñen un acompañamento integral xa dende o propio país de residencia ás familias que queren regresar e, en especial, os programas que conforman a nova Estratexia Galicia Retorna, aprobada a comezos deste ano. 

Finalmente, Miranda tamén animou ás entidades a continuar a divulgar e promover a cultura e a lingua galegas, para manter as tradicións, recuperando as celebracións culturais da colectividade, un labor para o que os centros galegos continuarán a contar co impulso e o apoio da Xunta de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas