GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda transmite en Valencia as iniciativas formativas e laborais que garanten o retorno efectivo a Galicia dos galegos e galegas de Venezuela

(10/07/2023)

 

 
 

O secretario xeral da Emigración trasladou á colectividade galega neste país a nova Estratexia Galicia Retorna, que aposta polo eido laboral e o educativo con ata 100 iniciativas para favorecer o retorno á comunidade autónoma.

Rodríguez Miranda expuxo as medidas deseñadas pola Xunta ás que poden optar tanto para poñer en marcha un negocio propio, como as Axudas ao Retorno Emprendedor, como para traballar por conta allea, como o Retorna Cualifica Emprego.

  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 en Valencia
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 en Valencia
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 en Valencia
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 en Valencia
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 en Valencia
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 en Valencia
 
 
Valencia (Venezuela), 8 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou ante a colectividade galega de Valencia en Venezuela a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26, informando das vantaxes laborais e educativas que ofrece a Comunidade Autónoma para garantir a integración efectiva das e dos retornados a Galicia. 

Durante o encontro recordou as iniciativas coas que conta a Xunta de Galicia para apoiar o emprendemento, así como o programa de Retorno Emprendedor da propia Secretaría que ten como obxectivo apoiar aos galegos e galegas que retornan e queren poñer en marcha o seu negocio na nosa comunidade autónoma.

Antonio Rodríguez Miranda difundiu este documento no país americano, onde residen algo máis de 30.000 galegas e galegos, tras informar do mesmo en diversos países coma Arxentina, O Uruguai, Suíza, Brasil e Alemaña. “A todos eles trasladámoslles a importancia que ten, para a integración social dos retornados en Galicia, o apoio no eido laboral e formativo que estamos a ofrecer dende a Xunta de Galicia grazas a 100 medidas postas en marcha a través de todos departamentos autonómicos”, asegurou.  

Deste xeito, a nova Estratexia conta cun importante protagonismo do eido laboral, e que  ademais dos distintos programas de apoio ao emprendemento cos que contan as Consellerías de Promoción do Emprego e a de Economía, Industria e Innovación, a Secretaría Xeral da Emigración conta cunhas axudas directas para o Retorno Emprendedor que van dende os 6.000 aos 10.000 euros e que teñen como obxectivo axudar na posta en marcha dun negocio ás galegas e galegos retornados que desexan emprender. 

Por outra banda, outra das propostas máis importantes é precisamente o programa Retorna Cualifica Emprego, que busca casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais dos retornados e retornadas. A través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina.

Por outra banda, Miranda recordou que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, presente nas catro provincias galegas é unha ferramenta que permite aos galegos e galegas do exterior consultar todas as súas dúbidas sobre o regreso a Galicia xa dende o propio país de orixe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas