GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaria Xeral da Emigración coñecen a feira de artesanía de Agolada e o Mercado de Abastos de Santiago

(11/07/2023)

 

 
 

Durante esta fin de semana as e os máis de 50 galegos do exterior que participan  nestes cursos tamén protagonizaron no centro de Santiago unha foliada para mostrar os bailes que están a desenvolver neste programa onde reciben docencia en baile, canto popular e pandeireta tradicional, gaita, percusión, confección de traxe e cociña galega. 

Na mañá de hoxe recibiron unha xornada de formación en cociña da man do restaurador ourensán Miguel González e esta tarde serán Xurxo e Carlos Núñez os que ofrezan unha máster class.

  • Imaxe da visita, en Agolada, ao Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia
    Imaxe da visita, en Agolada, ao Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia
  • Imaxe da Foliada nas rúas compostelás
    Imaxe da Foliada nas rúas compostelás
  • Imaxe da master-class do cociñeiro ourensán Miguel González
    Imaxe da master-class do cociñeiro ourensán Miguel González
 
 
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023.

O medio cento de galegas e galegos do exterior que participa no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración continúan a realizar actividades complementarias aos cursos de cultura galega que están a levar a cabo no Centro Superior de Hostelaría de Galicia. Os alumnos e alumnas achegáronse esta fin de semana ata o Mercado de Abastos de Santiago e tamén ata Os Pendellos de Agolada para coñecer máis en profundidade o mundo da artesanía galega. 

O sábado pola noite, ademais, protagonizaron unha foliada nas prazas do centro de Santiago ofrecendo así a visitantes e veciñas e veciños diferentes actuacións nas que combinaron baile, percusión e gaita. 

Durante a mañá de hoxe foi o cociñeiro Miguel González, que conta cunha estrela Michelin, o que ofreceu unha master class sobre gastronomía galega aos alumnos e alumnas de cociña, mentres pola tarde serán Xurxo e Carlos Núñez quen acheguen formación sobre a gaita ás e aos participantes neste programa. 

Escolas Abertas ten como obxectivo formar a membros de entidades galegas de Europa e América en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña. Desenvólvese ata o próximo día 15 de xullo no Centro Superior de Hostalería de Galicia. 

Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas