O gaiteiro galego Carlos Núñez ofreceu unha máster class sobre a súa experiencia no eido da música galega ás e aos máis de 50 participantes no programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración, tras visitar a aula dos alumnos e alumnas de gaita galega.
Ademáis, o programa Hora Galega da TVG achegouse ata o Centro Superior de Hostelería de Galicia para falar co profesorado e alumnado das Escolas Abertas e dar a coñecer este programa entre a poboación galega. Nesta ligazón pódese ver a reportaxe realizada este luns.
Escolas Abertas ten como obxectivo formar a membros de entidades galegas de Europa e América en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña. Desenvólvese ata o próximo día 15 de xullo no Centro Superior de Hostalería de Galicia.