GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Delegación da Xunta no Uruguai mantén un encontro informativo cos rapaces e rapazas que van participar no programa de Emigración Conecta con Galicia

(14/07/2023)

 

 
 
  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
 
 
Montevideo (Uruguai), 13 de xullo de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, mantivo unha reunión  informativa na sede do departamento autonómico en Montevideo coa ducia de galegas e galegos residentes neste país que participarán a partir do próximo día 15 de xullo no programa Conecta con Galicia que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. 

Esta iniciativa, tal e como explicou Elvira Domínguez, ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 60 mozos e mozas galegas do exterior de entre 16 e 17 anos durante os meses de xullo e agosto. O seu obxectivo é que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos volvan ter contacto coa realidade galega Desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 de xullo e o 11 de agosto, onde realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas