GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración galega protagonizará unhas xornadas en Empresariais

(02/10/2009)

A emigración galega protagonizará unhas xornadas en Empresariais

Autor:
La Voz
Data de publicación:
30/9/2009

O venres e o sábado celebraranse no campus as Xornadas sobre Emigración, Inmigración e Retorno. Os cooridnadores son José Ramón Campos, porfesor da Facultade de Historia e Iván Quintana, licenciado en Dereito. Colaboran a Delegación de Alumnos de Historia, o Concello de Ourense, Cruz Vermella e o IESGA. a inscrición é gratuíta e as sesións serán no salón de graos da Facultade de Empresariais.

O venres será o día para tratar sobre a emigración galega a Venezuela ademais de analizar a emigración de galegos en perspectiva histórica. Os retornos do Cono Sur serán outra asunto a tratar así como o caso de Alfonso Graña, o galego que reinou nas tribos xíbaras do Alto Marañón. Sobre esta figura proxectarase un documental Nestas xornadas falarase tamén da emigración a México, da integración, a educación e as repercusións económicas do proceso migratorio en Galicia centrado na inmigración e o retorno.

as xornadas inclúen, ademais, a proxección do filme Un franco, quince pesetas , o venres, ás 18.00 horas e unha visita guiada a Ribadavia ás 19.00 horas do sábado, tras clausúraa.

Non hai límite de prazas de inscrición e a viaxe a Ribadavia será gratuíto, só hai que indicar que se fará uso dese medio de transporte.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas