GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago, capital do cine árabe con 36 filmes en competición

(05/10/2009)

Santiago, capital do cine árabe con 36 filmes en competición
03.10.2009 36 cintas compiten na sección oficial ·· Os títulos profundan en cuestións como o conflito palestino-israelí, o papel da muller ou a inmigración ·· O festival celebrarase entre 23 e o 31 de outubro

|
REDAC./AGN. SANTIAGO

O Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal tende por sétimo ano consecutivo unha ponte cinematográfica entre Galicia e o mundo árabe. Esta edición, que coincide co 25 aniversario da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, celebrarase do 23 ao 31 de outubro. Conta cun orzamento que rolda os 300.000 euros.

O programa inclúe a proxección de 36 películas en competición. As cintas profundan na complexa realidade dos países árabes, desde a ficción ao documental, en formato de longo e curtametraxe. O conflito palestino-israelí, o papel da muller no mundo árabe e a inmigración serán algúns dos temas recorrentes nestes traballos. Na presentación do festival, celebrada onte en Compostela, o director de Amal, Ghaleb Jaber Martínez, destacou o carácter de "ponte" entre diferentes culturas do certame. De feito, adiantou que o próximo ano engadirase tamén o cine latinoamericano. No tocante ás películas a concurso, Jaber sinalou que o recente conflito en Gaza estivo moi presente no traballo de moitos directores, que chegaron a pedir que se aumentase o prazo de entrega polo bloque israelí. O director mostrouse emocionado porque moitos deles "arriscaron a vida" para mandar os seus traballos.

"Espírito de tolerancia"

Neste sentido, un dos membros do xurado, Eduardo Galán, asegurou que é "o mellor ano en canto á calidade media, que é de notable alto". Así, subliñou que "tres ou catro películas serán difíciles de esquecer".

En canto ás temáticas, Galán sinalou que se trata dun cine "moi social" e "virulentamente comprometido, pero non violento". Deste xeito, engadiu que estamos ante a selección con maior "espírito de tolerancia e entendemento" dos últimos anos e que case o 50 por cento das cintas están dirixidas por mulleres, que tamén son protagonistas de boa parte destas producións. Así mesmo, puntualizou que "a procura de identidade está presente en moitos títulos".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas